O temporal deixa ventos de máis de 110km/h e moita chuvia en Galicia

As precipitacións deixan 50 litros de auga acumulada na localidade coruñesa de Lousame.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2025 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Os refachos de vento superaron os 110 quilómetros por hora no norte de Galicia na madrugada deste luns, mentres que as precipitacións xa acumularon case 50 litros por metro cadrado no municipio de Lousame.

Para a xornada deste luns, o paso dunha fronte motivou que a Xunta activase a alerta laranxa en todo o litoral costeiro por ondas que poden alcanzar o seis metros. Ademais, varias zonas da provincia da Coruña están en aviso amarelo por choivas localmente fortes e o vento é forte de compoñente sur-suroeste no litoral e moderado no resto, cambiando a noroeste co paso da fronte.

Na madrugada deste luns, os medidores de Punta Candieira, en Cedeira alcanzaron os 112,4 quilómetros por hora, mentres que en Penedo do Galego, en Lugo, rexistrouse 110,6 quilómetros por hora. En canto ás precipitacións, ás 11,15 horas deste luns, xa se rozaban os 50 litros acumulados por metro cadrado no municipio coruñés de Lousame. Ademais, na estación de Santa Comba alcanzáronse 39 litros.

Pola súa banda, as temperaturas mínimas rexistráronse en zonas do interior de Ourense, con catro graos en localidades como Verín e Calvos de Randín. Pola súa banda, os valores máximos sitúanse ao redor de laso 16 graos en Ribadeo (Lugo).

Paso dun temporal de vento e choiva pola costa galega / CARLOS CASTRO  / Europa Press
Paso dun temporal de vento e choiva pola costa galega / CARLOS CASTRO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta