Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2025 | Actualizada ás 19:16
O Colexio de Ópticos Optometristas de Galicia sinalou que as lentes de contacto de Entroido deben estar adaptadas por un profesional antes do seu uso nestas festas. Nun comunicado, os ópticos galegos explicaron que estas lentes de contacto, ao estar colocadas directamente sobre a córnea do ollo, requiren unha adaptación previa dun óptimo optometrista Tamén advertiron de que estas lentes de contacto de fantasía non se poden compartir, nin tampouco durmir con elas postas, evitando así posibles infeccións e lesións nos ollos.
Segundo os ópticos optometristas galegos, unha lente de contacto inadecuada para o ollo, que se manipule incorrectamente ou que non se coide da maneira adecuada, pode provocar a longo prazo conxuntivite, queratite ou erosións epiteliais, todos eles problemas sumamente molestos ante a sensibilidade do ollo, ademais de úlceras corneais nos casos máis graves.
"Os síntomas que se poden ter se a adaptación ou o mantemento da lente de contacto non son correctos son sensación de sequedade e areniña nos ollos, ollos vermellos, picor ou mesmo dor ao quitalas", afirmou a presidenta do Colexio, Esther Amaro. Por iso, lembraron aos usuarios que soliciten unha consulta con tempo nos establecementos sanitarios de óptica antes de usar este tipo de produtos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.