O vento levanta parte da cuberta dun dos edificios de FIMO de Ferrol

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2025 | Actualizada ás 09:54

Comparte esta noticia

Os Bombeiros de Ferrol tiveron que retirar parte da cuberta dun dos edificios do recinto de FIMO despois de que o vento a levantase. Do suceso non hai que lamentar persoas feridas.

As intensas ráfas de vento na zona provocaron, este domingo, que a cuberta se levantase nun dos seus extremos e acabase dobrada. Por iso, os efectivos tiveron que retirar algunhas partes da chapa e realizar traballos de prevención. A cuberta deste edificio, que espera por unha reforma, non é a primeira vez que sofre algún tipo de dano.

Estado no que quedou a cuberta.. BOMBEIROS DE FERROL
Estado no que quedou a cuberta.. BOMBEIROS DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta