A Xunta reacciona aos atrasos en dependencia anunciando a tramitación de 20.000 expedientes no trimestre

A conselleira de Política Social anuncia un "plan de choque" para reducir as cifras da dependencia tras os malos datos recollidos no XXV Observatorio da Dependencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2025 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social prevé que ao peche deste primeiro trimestre do ano tramitáronse en Galicia 20.000 expedientes de dependencia e discapacidade. Así o explicou este luns a conselleira de Política Social, Fabiola García, que compareceu tras o Consello da Xunta para analizar os primeiros resultados do plan para axilizar a valoración da discapacidade e a dependencia posto en marcha polo Goberno galego o pasado 1 de xaneiro.

A dous meses da súa aprobación, a conselleira precisou que, desde o 1 de xaneiro tramitáronse máis de 3.500 expedientes de dependencia, un 24% máis que no mesmo período do ano anterior; e confían en resolver ata final de marzo outros 3.500 a maiores, co que serían 7.000 expedientes de dependencia resoltos no primeiro trimestre do ano.

A maiores, houbo máis de 4.500 resolucións de expedientes de discapacidade, un 57% máis que o ano anterior, e a Xunta estima que se resolverán máis de 2.300, ata sumar 7.000, cando finalice este mes. Fabiola García sumou a estas dúas cifras máis de 6.000 recoñecementos emitidos polo sistema de validación desde o 1 de xaneiro, co que a final deste primeiro trimestre a Xunta tramitaría 20.000 expedientes de dependencia e discapacidade con este novo sistema.

Reunión do Consello da Xunta
Reunión do Consello da Xunta | Fonte: Europa Press

PLAN DE CHOQUE

Sobre os datos do XXV Observatorio da Dependencia, realizado pola Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais de España, que denunciou que un total de 345 persoas morreron en 2024 en Galicia esperando a ser valoradas ou atendidas polo sistema de atención á dependencia e 2.772 seguen á espera, a conselelira di que o seu obxectivo é diminuir estas cifras.

"Co este plan de choque non está só a axilización da burocracia, senón a eliminación de moitos trámites. Ademais, todas as persoas, cando teñan recoñecida a prestación social terán automáticamente tamén a prestación económica".

MÁIS PERSOAL

Á redución da carga burocrática súmase a creación das xefaturas de servizo de discapacidade no catro departamentos territoriais e o reforzo da área de dependencia con 11 profesionais. Ademais destas novas incorporacións, mantéñense ata o 2027 os plans de reforzo de persoal para as valoracións, que suman máis de 100 profesionais que continúan prestando os seus servizos. O plan tamén incluía a realización de formación específica tanto para o persoal da consellería como para o dos centros de saúde e dos concellos.

A día de hoxe, explicou Fabiola García, xa se realizaron cursos presenciais para os profesionais dos equipos de valoración do catro provincias, e tamén se desenvolveron seis sesións formativas dirixidas especificamente aos servizos sociais comunitarios e de saúde en que participaron 870 profesionais. Ademais, están a desenvolverse seminarios web para persoal administrativo e terapeutas ocupacionais.

PLAN DE PRODUTIVIDADE E MELLORA DA CITACIÓN

Tamén no campo do persoal comezou a implantación do plan de produtividade con incentivos económicos. Fabiola García indicou que aproximadamente "o 70% dos profesionais dos servizos de dependencia e discapacidade mostraron a súa disposición a participar neste plan".

CENTRO DE REEDUCACIÓN

Por outra banda, a Xunta investirá 12 millóns de euros entre este ano e 2029 no programa de atención residencial e intervención educativa integral no centro de reeducación Concepción Arenal da Coruña, destinado a adolescentes que cumpren medidas xudiciais privativas de liberdade.

O Consello da Xunta acordou este luns a convocatoria dun concerto social para a xestión deste servizo, que conta con 35 prazas públicas. Segundo lembrou a Xunta, as medidas de internamento perseguen dispor dun ambiente coas condicións educativas idóneas para a reintegración do menor. As actuacións que se realizan neste centro teñen como obxectivo que os mozos adquiran as habilidades sociais, laborais e educativas necesarias para a súa integración unha vez finalizada a medida xudicial, evitando a reincidencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta