Dous feridos nun accidente na AP-9 ao seu paso por Vilaboa

Tamén houbo outro acciente en Coristanco e un ciclista resultou ferido tras caer da súa bicicleta en Moaña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2025 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste luns tras rexistrarse unha colisión por alcance entre dous vehículos na autoestrada AP-9 ao seu paso pola localidade pontevedresa de Vilaboa. Os feitos ocorreron sobre as 10.40 horas entre o punto quilométrico 141 e 142 da vía e foi a alerta de emerxencia dun smartphone a que avisou ao 112 Galicia.

Imaxe do vehículo accidentado.. CONSORCIO CONTRA INCENDIOS DA CORUÑA
Imaxe do vehículo accidentado.. CONSORCIO CONTRA INCENDIOS DA CORUÑA

ACCIDENTE CORISTANCO

Tamén o condutor dun vehículo que se saíu da vía na localidade coruñesa de Coristanco resultou ileso na noite deste pasado domingo. En concreto, segundo informa o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento da Coruña, os feitos ocorreron na parroquia de Oca, en Coristanco. Alí, foron alertados dun accidente no que estaba implicado un só coche, que se saíu da estrada.

FERIDO UN CICLISTA EN MOAÑA

Ademais, sobre as 10.20 horas, na localidade veciña de Moaña, un ciclista resultou ferido tras caer da súa bicicleta. Os feitos ocorreron na rúa Daniel Castelao, en Tirán, facéndose dano o home nun brazo, segundo a información da que dispuña o 112 Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta