Universitarios galegos debaten na fase clasificatoria do 'Parlamento Xove 2025'

A fase clasificatoria contou coa participación de 44 estudantes e abordou o tema da reindustrialización en Europa.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/03/2025 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Un total de 44 universitarios puxeron a proba a súa capacidade de debater por equipos este sábado na fase clasificatoria da 16º edición do proxecto da Xunta 'Parlamento Xove 2025', baixo a temática 'Compénsalle a Europa apostar pola reindustrialización?'.

Esta primeira fase celebrouse na Residencia de Tempo Libre de Carballiño e contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e da directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, segundo informou o goberno galego nun comunicado.

O 'Parlamento Xove' consiste nunha competición na que os equipos deben investigar e debater sobre un tema que é desvelado cinco minutos antes de que comece a disputa dialéctica. Do mesmo xeito, antes de empezar a debater tamén se desvela que equipo se situará a favor e cal en contra mediante un sorteo.

Desta maneira, coa participación dos universitarios, termina a fase de clasificación do tres niveles educativos aos que está dirixido este proxecto: Secundaria, Bacharelato e FP e Universidade.

Ademais, cos 264 alumnos inscritos na edición deste ano no total de categorías, aos que o conselleiro cualificou como as "mellores voces" que representarán a Galicia no futuro, superouse, con 68, o número de equipos que participaron no 'Parlamento Xove 2024'.

Con esta iniciativa, a Xunta busca potenciar as habilidades e competencias dos mozos galegos, mediante accións como a selección da información, a expresión oral e escrita, a orixinalidade, a argumentación razoada ou o traballo en equipo.

A primeira edición deste certame impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebrouse en 2010, desde entón, nesta iniciativa debateron máis de 600 equipos, o que equivale á participación de máis de 3.000 persoas, entre estudantes e profesores.

ÛParlamento Xove'.. XUNTA
ÛParlamento Xove'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta