Galicia, en alerta tras o apagón xeral: activado o Plan de Emerxencias de Galicia

A actividade hospitaliaria funciona con normalidade grazas aos equipos electróxenos pero hai caos no transporte e en outros moitos sectores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2025 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Galicia, como o resto de España e Portugal está paralizada por un apagón eléctrico masivo. Polo momento, activaronse os plans de continxencia pero nin Goberno, nin Xunta, saben aínda o alcance desta situación sen precedentes.

Lámpada de  luz
Lámpada de luz | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo enerxía e electricidade

O presidente da Xunta anunciou a activación do Plan de Emerxencias de Galicia, a pesar de que todo o sistema de chamadas de emerxencias está colapsado polo apagón masivo que afecta a toda a península. "O conselleiro xa está na Estrada. Estamos recibindo moitas chamadas e o que busca é poder coordinarse co resto de administracións e tomar as medidas que sexan necesarias", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Rueda recoñeceu que non sabía aínda as causas deste apagón. De feito, en plena rolda de prensa recibiu a chamada do delegado do Goberno, Pedro Blanco, para informarlle do pouco que se sabe ata agora, que o apagón é masivo en toda a Península.  "Unha crise da que non sabemos as dimensións e a situación é moi grave", engadiu.

"Seguimos sen saber causas. Red Eléctrica di que comeza a recuperar a tensión", indicou. Con todo, quixo tranquilizar á poboación asgurando que os servizos asistenciais e sanitarios están funcionando con normalidade grazas a grupos electróxeno

ZONAS RECUPERAN A ELECTRICIDADE

Distintos puntos de Galicia foron recuperando paseniñamente a luz, aínda que os principais núcleos de poboación seguen sen ela. 

COLAS EN SUPERMERCADOS E GASOLINERAS

Tras a colpaso xeral, moitos galegos e galegas volveu acudir en masa a supermercados e gasolineiras. Moitos destes establecementos colapsaron, en parte, porque o sistema de pago electrónico quedou sen servizo. A Xunta e Emerxencias de Galicia insisten en pedir calma e que a xente evite o pánico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta