Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/05/2016 | Actualizada ás 11:00
O Sergas acaba de ser novamente condenado pola morte dun paciente ao que se lle agravou unha infección provocada polo atraso nunha cirurxía.
Por iso, os tribunais condenaron á Xunta a pagarlle 12.000 euros a filla do paciente que puxo en mans dos servizos xurídicos do Defensor do Paciente o caso. Este órgano presentou a reclamación xudicial que deu lugar a esta sentenza condenatoria por mala praxe médica.
A morte desta persou foi provocada polo atraso nunha operación cirúrxica que acabou por infectarlle unha úlcera de presión que non foi detectada polos servizos de enfermaría do Hospital Clínico de Santiago, pero que foi descuberta pola filla, enfermeira noutro complexo do Sergas.
A sentenza sinala que, aínda que se está "ante unha infección difícil de evitar (...), doutra banda, as razóns dadas polo servizo de neurocirurxía para xustificar o atraso en intervir non son suficientes e iso favoreceu, segundo o perito xudicial, a infección".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.