O BNG mantén a súa manifestación propia o 25 de Xullo malia o “chamamento de Vidán”

Non haberá convocatoria común como reclamaron os críticos do Bloque. O 25 de Xullo ao mediodía a fronte recorrerá Compostela reclamando “soberanía e traballo”. Os independentistas marcharán pouco despois e está por ver a postura doutros colectivos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/07/2016 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

Para o próximo 25 de xullo xa hai convocadas polo menos dúas manifestacións en Santiago. A dun grupo de independentistas e dende hoxe a convocada polo BNG baixo o lema “Galiza Viva. Soberanía e traballo”.

A Quintana no acto do Bloque o Día da Patria
A Quintana no acto do Bloque o Día da Patria | Fonte: BNG

A Executiva do Bloque desoe así as voces críticas internas. A través do “Chamamento de Vidán”, destacados persoeiros da fronte -incluído o ex-voceiro nacional Xavier Vence- non aliñados co discurso oficial pediron que se aproveitara a celebración do Día da Patria para tender pontes con outros nacionalistas. Reclamaron publicamente unha convocatoria non partidaria, similar ao do ano pasado. Cómpre lembrar que en 2015 marcharon xuntos militantes do BNG, ANOVA, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida ou Podemos grazas a unha iniciativa cidadá nacida nunha reunión en Conxo.

Argumentacións do Bloque

A convocatoria propia de hoxe non implica que o BNG non queira camiñar canda nacionalistas doutras formacións. Así o explicou Goretti Sanmartín, quen dixo que  “todas as persoas que sintan este país un corazón nacionalista, para nós son persoas que están chamadas a participar na manifestación do 25 de xullo”.

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra tamén fixo un chamamento para que o Día da Patria os cidadáns penduren nas súas casas unha bandeira galega, “unha bandeira patriótica”. A política incidiu en rolda de prensa en Santiago, canda o seu compañeiro de Executiva Rubén Cela, que “temos un país vivo, dinámico, o único que necesita é soberanía, de aí o noso lema”. Sanmartín volveu a desbotar unha posíbel alianza electoral coas mareas porque a prioridade da fronte é “formar un eixo centrado na alternativa nacionalista e conseguir a unidade do nacionalismo galego sen ser sucursais doutras forzas centrais.”

Presentación da bandeira do manifesto por un Día da Patria unitario en 2015
Presentación da bandeira do manifesto por un Día da Patria unitario en 2015 | Fonte: Pilar Fernández Twitter

Os independentistas media hora despois do BNG

A marcha do Bloque partirá, como é habitual, as 12 horas da Alameda. Tamén como é habitual, pouco despois, contra as 12:30 horas sairía do mesmo lugar unha marcha convocada por independentistas, baixo o lema “Irmás, irmaos, em pé! Contra a repressom e polas liberdades democráticas plenas”. 

Desta volta a manifestación dos independentistas non está artellada por ningún colectivo concreto, ao estar disoltos (NOS UP) ou ilegalizados (Causa Galiza) os grupos que as viñan organizando; aínda que na convocatoria deste ano colaboren persoas que participaron na organización de pasadas marchas o Día da Patria Galega. 

Mareas e outros colectivos

Enfrascados moitos deles nas negociacións dun pacto para as eleccións autonómicas, outros colectivos nacionalistas (ANOVA,  Foro Galego, etc.), galeguistas (Compromiso por Galicia, Terra Galega, etc.) ou que defenden o dereito a decidir do pobo galego (Podemos, Esquerda Unida, etc.) aínda non fixeron pública a súa postura nin a súa axenda de eventos cara o 25 de xullo. O ano pasado marcharon na manifestación común, imaxe de unidade que, salvo sorpresa de última hora, non se repetirá este ano.

Presentación da marcha independentista para o 25 de xullo de 2016
Presentación da marcha independentista para o 25 de xullo de 2016
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

5 Hermerico

Eu só pido que Goretti ensine galego a Ana Pontón. Ou melhor que Goretti seja a porta-voz porque nom aturo o "vamos -A- fazer", e outras castrapadas da outra.

1 xa to digo

Suscribo. Que convoque Goretti unha xornada express de colocación do pronome para cadros xa, antes de que @s concelleir@s do BNG acaben coa lingua a base de "cho xuro" e "s'acabou"

4 glamour

Xoder que cutreibol a mesa dos independentistas, xa podían atopar unha máis grande, ao tipo da esquerda se lle ven as pernas. pouco glamour

1 foder com xoder

Xoder???? Foder com xoder, que pouco glamour tem glamour. Estes espanholitos som uns analfabéticos...

2 Antinostrus

Que non hai Mesa Infeliz....que é a Bandeira a que terma do Estaribel...máxica que é esa Estreleira......a ver se vais ter de ingresare, e facer-lle compaña ao indixente intelectual do Nostrus, no Cottolengo que o Ministerio do interior tén para os cipaiomercenarioslambeortosmatritenses e, ademais, mononeuronais.....

3 Españaespañabanderabandera

Mellor coma o pasado ano que os Mareantes propuxeron non levar estreleiras e puideronse ver por primeira vez bandeiras de España no día de Galiza, pero iso si do traballo de seguridade, organización e custos de pancartas e demáis que encargue o Bloque.

2 galego

UNION DE NACIONALISMO -SI, (non a -vieiras podreiras, nin camandulas, nin avutres, nin chafalladas) GALIZA POLA SUA LIBERDADE, avisamos de ruas cortadas a expañolistas e ratas vieirentas vendepatrias e podreitas, recomendamos o alcalde e a pleitesia que lle fai o da untada da malicia, sexan consecuentes e non aparezan polos actos do nacionalismo... NACIONALISMO SI!

1 Ana

Non lle deades máis voltas, o BNG xa non conta. O suicídio decretado a dedo, coma srmpre, pola UPG é definitivo. A marcha de Xavier Vence, Olalla Davila, Tareixa Paz, Carme Adán, Ana Luisa Bouza, Ana Rúa, Ana Miranda, Alba Nogueira, os antigos alcaldes de Sada e de Boiro, Abel L. Soto e Xosé Deira, Xabier Toba ou o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, acabou co que quedaba de pluralidade no BNG. Desta vai a vencida. Pode que haxa trepas que se sumen, igual que poden quedar no Bloque outras ratas interesadas pola mantenta que proporciona ser servos da UPG. Os feitos son evidentes, asumir o final do BNG axudará a construir unha alternativa futura sen tutelas de partidos nin obediencias a Madrid.

1 Euloxio

Sen tutelas de partidos nin obediencias a Madrid, claro. Por iso marchan a En Marea, coalición independente que como todo o mundo sabe non está tutelada polos da Complutense. Para botarse a chorar

2 Ted Flanders

Querida Ana....non sei canto te pagan....nen sequera se en vez de Ana, eres Ano ou Xaquín ou Pepiño...vamos un negro ben pagado! o BNG fixo o que puido...ben unha veces mal outras, pero sempre pensando no Pais, no noso Pais, na Galiza....o BNG é o que os galegos queren que sexa un bó representanteas veces ou un pésimo xestor outras......Cousa de galegos xa sabes! O BNG é o PNG de Castelao hoxendía, vale remataremos con él.... e dentro doutros sesenta anos, se queda algún galego vivo, algún rapaz caerá na necesidade de que exista un partido nacionalista no Pais...e volta a comenzar....

3 Ana

Euloxio, ou será sen tutelas ou será unha alternativa falsa. Pero son tan perniciosos os tuteladores pátrios ancorados nos sesenta (UPG, claro), como os da complutense (a neo-casta). Seguro que xa o sabes? Ted, aprende galego, ti que dis amar o país e sendo os cursos de balde..., aprende história (unha cousa foi o PG de Castelao, o PNG outra recente), aprende que en Catalunya, por exemplo, ERC e as CUP, superaron o nacionalismo (soberanismo é máis axeitado), e aprende que non todos temos amo. Seguro que ti, macho e branco, non podes dizer o mesmo!

4 Tutelanos ti ramon

Pero Moncho se tes bigote home non asines como Ana. Noutro criticas a familia nogueira e agora laupegá

5 stalinistas

Anita, miña rainh@, por quė fas un "copy-paste" do mesmo texto en tódalas novas que atiñen ó BNG? Deixa que o propio BNG se defenestre, pero esa consigna stalinista que che mandan facer dende ás "cúpulas" xa non fai efecto a que se prece intelectualmente, xa sei que doe que vos volvan plancha-las listas dende ás "cúpulas", e que ese engano reiterados de consellos cidadáns e círculos asamblearios, primarias "planchadas"...... tamèn doe, e esa consigna troskista-stalinista de extermimar co BNG dende as redes sairavos ben, non o dubido, pero a todo porco lle chega o seu sanmartinho, xa pediredes pleitesía a Madrid, en fin...