Temas: PODEMOS EN MAREA

As primarias demostran a pluralidade da marea

En Marea acaba de dar a coñecer os resultados das súas primarias. A líder de Podemos Galicia gaña en Pontevedra e o voceiro parlamentar de ANOVA na Coruña. En Lugo a número dous provén de Cerna. En Ourense, a cabeza de lista presentouse canda EU. En termos xerais, os podemitas vencen nas provincias atlánticas e os nacionalistas nas do interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/08/2016 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

O deputado de AGE e coportavoz de Anova, Antón Sánchez; a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos; e Ánxeles Cuña, directora da compañía teatral Sarabela que se presentou xunto con membros de Esquerda Unida, concorrerán ás eleccións galegas como cabezas de lista de En Marea pola Coruña, Pontevedra e Ourense, respectivamente.

Antón Sánchez na Cámara galega
Antón Sánchez na Cámara galega | Fonte: AGE

Deste xeito, acompañarán ao candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, o maxistrado en excedencia Luís Villares, quen se presenta pola provincia de Lugo. Nesa provincia a número dous será Paula Verao, unha militante de CERNA, a formación nacionalista que marchou de ANOVA esta lexislatura.

Este resultado pode ser clave para a configuración do futuro a medio prazo da esquerda galega. Por vez primeira pódese albiscar o peso de cada organización dentro da confluencia. O resultado é que ninguén domina a nivel galego, pero hai unha clara vitoria para Podemos nas provincias costeiras. Polo contrario, en Lugo e Ourense, quen vence son os nacionalistas de ANOVA.

Estas tendencias son en termos xerais, porque os votantes non tiñan porque escoller a todos os membros dunha lista. Por exemplo, malia que na Coruña en termos xerais gañaron as dúas listas formadas por militantes de Podemos -obtendo a vitoria o sector crítico que encabezaba Luca Chao-, a persoa máis votada foi o covoceiro de ANOVA, o nacionalista Antón Sánchez, co 27%. Outro dos máis votados en toda Galicia foi un compañeiro de partido, o alcalde de Manzaneda Davide Rodríguez, que malia ser o máis votado co 35% sen embargo cae a segundo posto da lista provincial en favor de Ánxeles Cuña, tras aplicar a "cremalleira" en función da igualdade de xéneros.

No referido á participación, segundo deu conta en rolda de prensa Javi Vázquez en representación da coordinadora de En Marea, participaron máis de 10.000 persoas (10.143) dun censo total de 13.415 persoas. Nas últimas votacións de Podemos Galicia, as que decidiron sumarse ás mareas, participaran unhas 6.500 persoas. 

Carmen Santos
Carmen Santos | Fonte: Europa Press.

En definitiva, estes son as listas que acaba de facer públicos En Marea nunha rolda de prensa en Santiago. As listas son "cremalleira", polo que están correxidas para que non haxa dous homes ou dúas mulleres seguidas, e para que haxa dúas provincias lideradas por mulleres e dúas por varóns.

A Coruña

Antón Sánchez García

Luca Chao Pérez

José Manuel Lago Peñas

Magdalena Barahona Martín

Francisco Pancho Casal Vidal

Flora María Miranda Pena

Xan Xove González

Mariló Candedo Gunturiz

Carlos Palacios Suárez

Lorena Dapena

Daniel Alejandro Calvete Suárez

Iria Otero Romero

Gonzalo Rodríguez Rodríguez

María Antonia Trillo Blanco

Lugo

Luis Villares Naveira

Paula Vázquez Verao

Víctor Andrés Álvarez Arias

María Isabel García Díaz

José Manuel “Josito” Pérez Afonso

María Victoria Esteban Riesco

Bernardo Fraga Galdo

Natalia Prieto Fernández

Pontevedra

Carmen Santos Queiruga

Marcos Cal Ogando

Eva Solla Fernández

Juan J. Merlo Lorenzo

Paula Quinteiro Araújo

Xoan Hermida González

Julia Torregrosa

Mariano Abalo Costa

Noemí Martínez González

Juan Manuel Fajardo Recouso

Mar Blanco Casais

Marcelo Armendáriz Gil

Ourense

María de los Ángeles Cuña Bóveda

David Rodríguez Estévez

María Eva Gutiérrez Fernández

Xosé Manuel Pérez Bouza

Manuela Pérez Pérez

Ares Jiménez Soria

Rita González Pérez

Carlos Miguélez Soto

As votacións tiveron lugar entre as 8.00 horas do mércores 17 de agosto e as 23.59 horas do xoves 18 de agosto, combinando a posibilidade de votar a distancia desde a casa coa de acudir a unha das 33 mesas presenciais repartidas polo país (13 na Coruña, 6 en Lugo, 6 en Ourense e 8 en Pontevedra).

 

En total foron 25 as candidaturas que se presentaron ás primarias de En Marea, que determinaron as listas provinciais para as vindeiras eleccións ao Parlamento galego, o 25 de setembro. Destas 25 candidaturas 6 listas presentáronse pola provincia da Coruña (con 77 persoas en total), 5 en Lugo (34 persoas) outras 5 en Ourense (40 persoas) e 9 en Pontevedra (88 persoas).

Noticia en ampliación

Presentación dos resultados das primarias de En Marea no local de Compostela Aberta en Santiago
Presentación dos resultados das primarias de En Marea no local de Compostela Aberta en Santiago | Fonte: EP
O alcalde de Manzaneda e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova
O alcalde de Manzaneda e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova
Ánxeles Cuña
Ánxeles Cuña | Fonte: sarabela teatro
Paula Verao  nunha asemblea do Encontro Irmandiño
Paula Verao nunha asemblea do Encontro Irmandiño
Temas: PODEMOS EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

27 Testigos de Jehová

Por iso haberá pluralidade logo de posturas, de grupos, de transfuguismo, de votacións. Desde testigos de Jehová ata tránsfugas choróns que teñen un invernadero.

26 Gamela

Agora que xa están todas/os colocados nas LISTAS ao mellor temos tempo de parar as torturas en Siria...? https://www.es.amnesty.org/actua/ac...

25 anonimo

Moita "marea" mais o final parece que os podemitas acaparan as listas. Na provincia de Pontevedra o voto util é o voto o BNG.

1 anonimo

En Marea e basicamente Podemos coa siglas En Marea. A presenza de Anova e irrelevante. Alguns das listas de En Marea podian estar perfectamente en Ciudadanos, no PSOE ou incluso no PP. Lamentabel. Por fortuna si existe unha forza con poder de decision en Galiza (e non en Madrid ou Barcelona) e programa de pais e chamase BNG. So queda que os galegos se den conta e que os medios lles de a mesma presenza mediatica e que as enquisas non lles perxudiquen.

24 anonimo

Os problemas de Galiza non se van solucionar dende Madrid ou Bruselas. Nos temos problemas propios: emigracion, problemas demograficos, sectores economicos en crise, a situacion da lingua galega, etc. As mareas perden presentandose xunto a Podemos. O BNG é o voto util para arranxar os problemas galegos e quen ten un programa mais ilusionante. O resto ou non teñen programa, ou estan ainda en facelo, ou sabemos que o programa que teñan non o cumpliran. Xa é tempo que o pobo galego desperte e teña claro que o voto util e votar a forzas con poder de decision en Galiza.

23 O asistente de Echeniqui

Se non chegan estar enliortados os de Podemos sacan o 100%. O peso do nacionalismo en En Marea é un absoluto bluff. En Pontevedra os nacionalistas ficaron fora da lista de elixíveis, e os resultados do BNG alí vanno demonstrar.