Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/08/2016 | Actualizada ás 21:37
O deputado de AGE e coportavoz de Anova, Antón Sánchez; a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos; e Ánxeles Cuña, directora da compañía teatral Sarabela que se presentou xunto con membros de Esquerda Unida, concorrerán ás eleccións galegas como cabezas de lista de En Marea pola Coruña, Pontevedra e Ourense, respectivamente.
Deste xeito, acompañarán ao candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, o maxistrado en excedencia Luís Villares, quen se presenta pola provincia de Lugo. Nesa provincia a número dous será Paula Verao, unha militante de CERNA, a formación nacionalista que marchou de ANOVA esta lexislatura.
Este resultado pode ser clave para a configuración do futuro a medio prazo da esquerda galega. Por vez primeira pódese albiscar o peso de cada organización dentro da confluencia. O resultado é que ninguén domina a nivel galego, pero hai unha clara vitoria para Podemos nas provincias costeiras. Polo contrario, en Lugo e Ourense, quen vence son os nacionalistas de ANOVA.
Estas tendencias son en termos xerais, porque os votantes non tiñan porque escoller a todos os membros dunha lista. Por exemplo, malia que na Coruña en termos xerais gañaron as dúas listas formadas por militantes de Podemos -obtendo a vitoria o sector crítico que encabezaba Luca Chao-, a persoa máis votada foi o covoceiro de ANOVA, o nacionalista Antón Sánchez, co 27%. Outro dos máis votados en toda Galicia foi un compañeiro de partido, o alcalde de Manzaneda Davide Rodríguez, que malia ser o máis votado co 35% sen embargo cae a segundo posto da lista provincial en favor de Ánxeles Cuña, tras aplicar a "cremalleira" en función da igualdade de xéneros.
No referido á participación, segundo deu conta en rolda de prensa Javi Vázquez en representación da coordinadora de En Marea, participaron máis de 10.000 persoas (10.143) dun censo total de 13.415 persoas. Nas últimas votacións de Podemos Galicia, as que decidiron sumarse ás mareas, participaran unhas 6.500 persoas.
En definitiva, estes son as listas que acaba de facer públicos En Marea nunha rolda de prensa en Santiago. As listas son "cremalleira", polo que están correxidas para que non haxa dous homes ou dúas mulleres seguidas, e para que haxa dúas provincias lideradas por mulleres e dúas por varóns.
A Coruña
Antón Sánchez García
Luca Chao Pérez
José Manuel Lago Peñas
Magdalena Barahona Martín
Francisco Pancho Casal Vidal
Flora María Miranda Pena
Xan Xove González
Mariló Candedo Gunturiz
Carlos Palacios Suárez
Lorena Dapena
Daniel Alejandro Calvete Suárez
Iria Otero Romero
Gonzalo Rodríguez Rodríguez
María Antonia Trillo Blanco
Lugo
Luis Villares Naveira
Paula Vázquez Verao
Víctor Andrés Álvarez Arias
María Isabel García Díaz
José Manuel “Josito” Pérez Afonso
María Victoria Esteban Riesco
Bernardo Fraga Galdo
Natalia Prieto Fernández
Pontevedra
Carmen Santos Queiruga
Marcos Cal Ogando
Eva Solla Fernández
Juan J. Merlo Lorenzo
Paula Quinteiro Araújo
Xoan Hermida González
Julia Torregrosa
Mariano Abalo Costa
Noemí Martínez González
Juan Manuel Fajardo Recouso
Mar Blanco Casais
Marcelo Armendáriz Gil
Ourense
María de los Ángeles Cuña Bóveda
David Rodríguez Estévez
María Eva Gutiérrez Fernández
Xosé Manuel Pérez Bouza
Manuela Pérez Pérez
Ares Jiménez Soria
Rita González Pérez
Carlos Miguélez Soto
As votacións tiveron lugar entre as 8.00 horas do mércores 17 de agosto e as 23.59 horas do xoves 18 de agosto, combinando a posibilidade de votar a distancia desde a casa coa de acudir a unha das 33 mesas presenciais repartidas polo país (13 na Coruña, 6 en Lugo, 6 en Ourense e 8 en Pontevedra).
En total foron 25 as candidaturas que se presentaron ás primarias de En Marea, que determinaron as listas provinciais para as vindeiras eleccións ao Parlamento galego, o 25 de setembro. Destas 25 candidaturas 6 listas presentáronse pola provincia da Coruña (con 77 persoas en total), 5 en Lugo (34 persoas) outras 5 en Ourense (40 persoas) e 9 en Pontevedra (88 persoas).
Noticia en ampliación
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.