Temas: PODEMOS EN MAREA

As primarias demostran a pluralidade da marea

En Marea acaba de dar a coñecer os resultados das súas primarias. A líder de Podemos Galicia gaña en Pontevedra e o voceiro parlamentar de ANOVA na Coruña. En Lugo a número dous provén de Cerna. En Ourense, a cabeza de lista presentouse canda EU. En termos xerais, os podemitas vencen nas provincias atlánticas e os nacionalistas nas do interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/08/2016 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

O deputado de AGE e coportavoz de Anova, Antón Sánchez; a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos; e Ánxeles Cuña, directora da compañía teatral Sarabela que se presentou xunto con membros de Esquerda Unida, concorrerán ás eleccións galegas como cabezas de lista de En Marea pola Coruña, Pontevedra e Ourense, respectivamente.

Antón Sánchez na Cámara galega
Antón Sánchez na Cámara galega | Fonte: AGE

Deste xeito, acompañarán ao candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, o maxistrado en excedencia Luís Villares, quen se presenta pola provincia de Lugo. Nesa provincia a número dous será Paula Verao, unha militante de CERNA, a formación nacionalista que marchou de ANOVA esta lexislatura.

Este resultado pode ser clave para a configuración do futuro a medio prazo da esquerda galega. Por vez primeira pódese albiscar o peso de cada organización dentro da confluencia. O resultado é que ninguén domina a nivel galego, pero hai unha clara vitoria para Podemos nas provincias costeiras. Polo contrario, en Lugo e Ourense, quen vence son os nacionalistas de ANOVA.

Estas tendencias son en termos xerais, porque os votantes non tiñan porque escoller a todos os membros dunha lista. Por exemplo, malia que na Coruña en termos xerais gañaron as dúas listas formadas por militantes de Podemos -obtendo a vitoria o sector crítico que encabezaba Luca Chao-, a persoa máis votada foi o covoceiro de ANOVA, o nacionalista Antón Sánchez, co 27%. Outro dos máis votados en toda Galicia foi un compañeiro de partido, o alcalde de Manzaneda Davide Rodríguez, que malia ser o máis votado co 35% sen embargo cae a segundo posto da lista provincial en favor de Ánxeles Cuña, tras aplicar a "cremalleira" en función da igualdade de xéneros.

No referido á participación, segundo deu conta en rolda de prensa Javi Vázquez en representación da coordinadora de En Marea, participaron máis de 10.000 persoas (10.143) dun censo total de 13.415 persoas. Nas últimas votacións de Podemos Galicia, as que decidiron sumarse ás mareas, participaran unhas 6.500 persoas. 

Carmen Santos
Carmen Santos | Fonte: Europa Press.

En definitiva, estes son as listas que acaba de facer públicos En Marea nunha rolda de prensa en Santiago. As listas son "cremalleira", polo que están correxidas para que non haxa dous homes ou dúas mulleres seguidas, e para que haxa dúas provincias lideradas por mulleres e dúas por varóns.

A Coruña

Antón Sánchez García

Luca Chao Pérez

José Manuel Lago Peñas

Magdalena Barahona Martín

Francisco Pancho Casal Vidal

Flora María Miranda Pena

Xan Xove González

Mariló Candedo Gunturiz

Carlos Palacios Suárez

Lorena Dapena

Daniel Alejandro Calvete Suárez

Iria Otero Romero

Gonzalo Rodríguez Rodríguez

María Antonia Trillo Blanco

Lugo

Luis Villares Naveira

Paula Vázquez Verao

Víctor Andrés Álvarez Arias

María Isabel García Díaz

José Manuel “Josito” Pérez Afonso

María Victoria Esteban Riesco

Bernardo Fraga Galdo

Natalia Prieto Fernández

Pontevedra

Carmen Santos Queiruga

Marcos Cal Ogando

Eva Solla Fernández

Juan J. Merlo Lorenzo

Paula Quinteiro Araújo

Xoan Hermida González

Julia Torregrosa

Mariano Abalo Costa

Noemí Martínez González

Juan Manuel Fajardo Recouso

Mar Blanco Casais

Marcelo Armendáriz Gil

Ourense

María de los Ángeles Cuña Bóveda

David Rodríguez Estévez

María Eva Gutiérrez Fernández

Xosé Manuel Pérez Bouza

Manuela Pérez Pérez

Ares Jiménez Soria

Rita González Pérez

Carlos Miguélez Soto

As votacións tiveron lugar entre as 8.00 horas do mércores 17 de agosto e as 23.59 horas do xoves 18 de agosto, combinando a posibilidade de votar a distancia desde a casa coa de acudir a unha das 33 mesas presenciais repartidas polo país (13 na Coruña, 6 en Lugo, 6 en Ourense e 8 en Pontevedra).

 

En total foron 25 as candidaturas que se presentaron ás primarias de En Marea, que determinaron as listas provinciais para as vindeiras eleccións ao Parlamento galego, o 25 de setembro. Destas 25 candidaturas 6 listas presentáronse pola provincia da Coruña (con 77 persoas en total), 5 en Lugo (34 persoas) outras 5 en Ourense (40 persoas) e 9 en Pontevedra (88 persoas).

Noticia en ampliación

Presentación dos resultados das primarias de En Marea no local de Compostela Aberta en Santiago
Presentación dos resultados das primarias de En Marea no local de Compostela Aberta en Santiago | Fonte: EP
O alcalde de Manzaneda e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova
O alcalde de Manzaneda e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova
Ánxeles Cuña
Ánxeles Cuña | Fonte: sarabela teatro
Paula Verao  nunha asemblea do Encontro Irmandiño
Paula Verao nunha asemblea do Encontro Irmandiño
Temas: PODEMOS EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

12 NfFv

Como podedes comprobar na similitude sintáctica dos dous comentarios anteriores ("amaño total" e "fracaso total") xa andan de novo os trolls do BNUPG inventándose identidades para desgastar as outras opcións políticas. No Sermóns non trolean, vese q nin eles o len.

11 nostrus

Podemos y nacionalismo es la suma de dos incoherencias; dejaos de hostias y buscar un partido que apueste por el bienestar de las personas, porque para espiritualidad ya estan las religiones (y hay bastantes). De todos modos esto demuestre que en la España que tenemos hoy cabe lo que no cabria en la Galicia que sueñan los nacionalíticos. Tambien quiero señalar que podemos se pegó un tiro en un pie en las pasadas elecciones al liarse con IU y no se si ahora con este chanchullo que se trae entre manos se pegará otro tiro en el otro pié.

1 Xan

Aclárese, ou Podemos e o nacionalismo son incompatibles ou Podemos incorporaos nesa nova España plurinacional que é incapaz de crear. En canto a relixións, lembre vostede a que profesa, ese humanismo de "la gente" tan bello e granítico coma o dos demáis.

10 Galego

Amaño total. Un feito real, 2 persoas, 4 votos por internet. Chapuza de votacion, habia que marcar 14 nomes obrigatoriamente, penalizando a combinacion de listas, ou o mais votado vai de segundo, caso de ourense. Para pactar as listas xa non facia falla tanto bombo. Nada, grazas a podemos e iu moitos imos a quedar na casa. Temos Feijoo para 100 anos, desgraciadamente.

1 Atlántico

Mentes en todo!! Podíase entrar varias veces a votar, pero só contaba o último voto emitido, para dar a posibilidade de cambialo. Non se penalizaba a combinación de listas, eu fíxena. Os resultados amosan ben ás claras que optou por esta opción moita xente; coñezo varios casos deste tipo. En fin, se queres animar a non votar ou facelo por outras opcións, es ben libre, agora ben, baséate noutros datos e non transformes a realidade dos feitos.

9 Xan

Desastre total, o nacionalismo non terá maioría nese grupo parlamentar. Na provincia da Coruña e de Pontevedra, moitos chegamos ate aquí coas Mareas. Inda que este resultado impedirá a renovación do BNG, que conten co meu voto.

8 Podemos Baiona

Carmen Santos presidenta!!!!!