A Lusofonía tamén entrou na campaña electoral

A AGAL foi recibida polos principais partidos políticos para presentar o seu decálogo de 10 propostas para rexenerar a cultura galega, reforzando as relacións coa Lusofonia ao nivel do ensino, das administracións e da cohesión territorial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/09/2016 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A Lusofonía tamén entrou na axenda desta campaña electoral. A Associaçom Galega da Lingua (AGAL) presentou unha serie de propostas para os partidos políticos baseadas nun decálogo de 10 propostas que presentou hai uns días.

Membros da AGAL caracterizados como personaxes das Irmandades da Fala na manifestación do Día das Letras
Membros da AGAL caracterizados como personaxes das Irmandades da Fala na manifestación do Día das Letras | Fonte: Eliseu Mera

Así,  foi recibida polo líder de Compromiso por Galicia, Xoán Báscuas, que asumiu integramente todas as propostas do decálogo. Tamén Ana Pontón, do BNG que, aínda que acolleu “moi positivamente o decálogo”, amosou “algunhas reservas á posibilidade de avanzar coas liñas educativas de inmersión e con algunhas medidas que nom dependen unicamente da Administración autonómica”, segundo a AGAL. Con todo, asegurou que “o máis importante son as ganas políticas”.

Neste sentido, o candidato de En Marea, Luís Villares, tamén asegurou que o máis importante para avanzar coas propostas do decálogo era as “ganas políticas”, que no seu caso, dixo, “non ían faltar”. Polo PSOE, Xoaquín Fernández Leiceaga indicou que a aplicación da Lei Paz Andrade “será prioritaria” para el e o seu equipo na próxima lexislatura. Finalmente, Pedro Puy e Valentín García, do PP, admitiron que, por agora, “non ten sido visíbel unha implicación institucional para aplicar a Lei Paz Andrade”, pero v”aloraron moitas das propostas que a AGAL lles presentou para desenvolvelas na próxima lexislatura”.

Relacionadas directamente con esta Lei, a AGAL propón medidas para atinxir co ensino do portugués o conxunto da poboación galega, implantando esta lingua nas Escolas Oficiais de Idiomas en que aínda falta, sen esquecer o ensino secundario e primario. Para os medios de comunicación destaca a proposta de introducir un programa de ensino de lingua portuguesa na TVG e facer que a Radio Galega Música se especialice en música galego-portuguesa e lusófona.

Tamén aposta por unha programación cultural común cos países lusófonos, unha melloría das comunicacións con Portugal, nomeadamente da liña Celta, e o reforzo de institucións como o Eixe Atlántico e a Eurrexión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 pendelho

Qual é a opiniom de Magdalena Barahona e Carlos Palacios, números 4 e 8 da En Marea pola Corunha, além de reconhecidos galegófobos?