Malestar en Santiago polo "coruñesismo" de Pilar Farjas

A posición que mantivo a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, no conflicto entre a Universidade da Coruña (UDC) e de Santiago (USC) pola creación dunha nova facultade de Medicina na universidade coruñesa xenerou moito malestar nos ámbitos universitarios compostelanos e tamén en parte do propio Goberno galego...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/11/2009 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

None

Sen embargo, na USC se manteñen alerta e non acaban de crer na nova posición da conselleira. E é que desde a UDC seguen insistindo na necesidade dun novo centro na Coruña, sobre todo, pola "saturación" da facultade de Santiago. José María Barja xa ten presupostado o que custaría unha nova facultade; nove millóns de euros, que en parte, debería poñer a Xunta. Por iso, continúa cos encontros con sectores políticos, económicos e sociais da cidade para que a iniciativa non caia e saco roto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

10 undaló

Por que, según que siglas fagan que, se cuestionan determinadas cousas? Canto máis de todo, mellor. O caso é protestar sempre e no caso do Correo Gallego, que é o que iniciou esa campaña, o problema é de pasta. Cando lle firmen os convenios, voltará a ser como toda a vida. Solo hai que ver a Carlos Luis.

9 León

A Fajas parece unha chacha desas que sacaban nas españoladas de Esteso e Pajares

8 Clariño

E outra cousa, a nova de hoxe é a entrega do premio Fernández Latorre a Francisco José Vázquez y Vázquez, embaixador de España perto da Santa Se e ante a Soberana Orde de Malta.

Neste acto, o presi da Xunta tivo a ben dicir:

"Precisamente un deses camiños levou a Roma a quen recibe o Premio Fernández Latorre, o embaixador Francisco Vázquez. Lamento que sexa hoxe a curia vaticana e non os galegos, a que goce da súa experiencia e do seu sentido de Estado, pero ao mesmo tempo síntome orgulloso de que un paisano noso teña nas súas mans esta delicada tarefa. Porque é paisano, amigo e excelente embaixador, pídolle axuda para que o Xacobeo 2010 teña o eco que se merece na Santa Sede".

http://www.lavozdegalicia.es/galici...

7 Clariño

Quen queira coñecer a opinión da UDC dun dirixente nacionalista da UDC, que prema nesta ligazón ¿a quen? a La Voz de Galicia por suposto, medio no que non periga a edición en papel, que segue a recoller opinións de todos tamén dos nacionalistas:

http://www.lavozdegalicia.es/galici...

E o titular de GC é para saír correndo: o "coruñesismo" de Pilar Farjas. O coruñesismo entre comiñas é o que defende o L. A defensa do L leva aos nacionalistas a dicir dos coruñesistas que son: estúpidos, antigalegos, anormales, fascistas, enanos nostálxicos, cocksuckers, assholes, oligofrénicos frustrados e agora, analfabetos funcionais. E agora, resulta que ese malvado coruñesismo vese con malestar "en Santiago", identificando "Santiago" co goberno galego, como senón representasen mais que os intereses de Santiago ¿eso é o que se quere? Hai mais Galicia mais aló de Santiago. O cal me leva a considerar o de sempre, o localismo, ben claro neste titular, noutro lugares chamámoslle evidente centralismo: existen Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Vilagaría, Pontevedra, Ourense, etc, etc.

6 Currante

Esta mullerciña foi monxa, non sí?.