O CITIC da Universidade da Coruña acada o recoñecemento como centro singular de investigación

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións é recoñecido pola Xunta pola súa potencialidade investigadora e de transferencia de coñecemento á sociedade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/02/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña, CITIC, vén de acadar o recoñecemento da Xunta de Galicia como centro singular de investigación que recoñece a súa potencialidade investigadora e de transferencia de coñecemento á sociedade e que o converte en centro de referencia en Galicia en investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Edificio do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña,  CITIC
Edificio do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña, CITIC | Fonte: UDC.

O CITIC incorpórase así á rede de centros singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas que se beneficiarán de axudas económicas por un importe total de trece millóns de euros. 

Julio Abalde reitor da Universidade da Corula (UDC), manifestou a súa satisfacción por este recoñecemento que “vén reforzar a especialización da Universidade da Coruña no campo das TICs” e avanzou que para os seus investigadores supón “dispoñer dunha estrutura estable de apoio á investigación e dinamización da transferencia ao sector empresarial”.

Pola súa banda, Manuel González Penedo, o coordinador do CITIC e profesor de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC, Mdeclarou que “este recoñecemento é a unha traxectoria, ao traballo ben feito durante moitos anos e axuda a continuar nesta liña”.

Ademais do CITIC da Universidade da Coruña, a Xunta vén de recoñecer tamén ao CIQUS –investigación en química biolóxica- e CIMUS –investigación en medicina molecular e enfermidades crónicas- da Universidade de Santiago. USC. Mentres, CITIUS e ATLANTIC beneficiaranse das axudas como agrupacións estratéxicas consolidadas.

Os máis de trece millóns de euros que se repartirán están cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento cuxa finalidade é recoñecer a excelencia das mellores universidades de investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e garantir a súa estabilidade financeira a longo prazo, informa a UDC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta