Acusan ao PSOE de Pontevedra de pagar os buses de Susana Díaz

A factura dunha empresa de Mos pola viaxe a un mitin en Madrid foi pagada polo Grupo Provincial do PSOE de Pontevedra, segundo un documento publicado por un grupo crítico. Imaxe do documento no interior.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 20/05/2017 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

A Rede Galeguista do PSdeG-PSOE faise eco das informacións sobre o pago do mitin de Susana Díaz en Madrid con diñeiro do partido. En concreto, este grupo publica unha factura dunha empresa de autocares dun “servicio realizado desde Pontevedra a Madrid” o 25 e o 26 de marzo.

Susana Díaz en Lugo
Susana Díaz en Lugo

O pagador da factura sería o “Grupo Provincial PSOE Pontevedra” no “Pazo Provincial - Avda. Montero Ríos”.É dicir, o diñeiro público co que conta para o seu funcionamento o grupo dos socialistas na Deputación de Pontevedra, onde gobernan canda o BNG. O gasto de 1.320 euros coincide co día, 26 de marzo, no que Susana Díaz organizou un acto de campaña en Ifema, na capital do Estado. 

Polo de agora, nin a empresa emisora da factura, Melytur de Mos, nin o citado grupo provincial fixeron pública a súa versión dos feitos. 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, é unha das dirixentes socialistas galegas máis activas na campaña da presidenta da Junta de Andalucía, canda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o ex-secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez.

Os órganos do PSOE teñen a obriga estatutaria de non tomar partido oficialmente por ningún candidato nas primarias. Malia contar con escasos apoios públicos entre os notables do PSdeG, Sánchez parte como favorito para gañar mañá domingo en Galicia, dado que conseguiu máis avais. O último día de campaña está enturbiado, por esta información, e pola denuncia de falta de acreditacións para os interventores de Sánchez.

Factura dos autobuses publicada pola Rede Galeguista do PSdeG
Factura dos autobuses publicada pola Rede Galeguista do PSdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 urco

O nacionalismo galego optou por duas estrategias distintas em funçom da relaçom com forças com ligames espanhois. Eh mesmo umha postura eficiente, contra o que a primeira vista poda parecer. O que nom tem muito sentido eh aproveitar mesmo processos externos , pra meter o dedo no olho ao vizinho.

2 Leirachá

Carmela Silva, a sustentada polo BNG!!! Limpa, familiar, incorruptível, de vocabulário sempre correto, a número dous do alcalde perfeito... O BNG sabe ben a quen sustenta e alimenta! Será que o BNG aposta pola sultana andaluza, exemplo igualmente da limpeza, honorabilidade e transparéncia no PsoEspañol? Ser franquia é o que tén!

1 Malfeito

De ser certo, isto non sería un delito? Vaiche boa.