Pontevedra e Lugo tamén son provincias de Pedro Sánchez

O sector 'susanista' renuncia a presentar candidaturas tras fracasar o intento de realizar unha lista de delegados que reflectise o resultado das primarias. As listas "pedristas" impóñense nas catro provincias galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2017 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O sector de afíns ao vencedor das primarias do PSOE, Pedro Sánchez, fíxose cos 16 postos de delegados que representarán aos socialistas da provincia de Pontevedra e cos 11 que o farán na provincia de Lugo no Congreso Federal do próximo mes de xuño.

Pedro Sánchez, candidato á Secretaría Xeral do PSOE
Pedro Sánchez, candidato á Secretaría Xeral do PSOE

Gonzalo Caballero encabeza a lista de delegados do PSOE de Pontevedra, seguido por Maica Larriba e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, en terceiro lugar. Marta Freire de Moaña e o alcalde de Pontecaldelas, Andrés Díaz, completan os cinco primeiros postos. Pola súa banda, será o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, quen lidera a lista dos socialistas lucenses no Congreso Federal do PSOE que terá lugar o próximo mes de xuño.

Finalmente, o sector que apoiou á presidenta da Xunta de Andalucía, Susana Díaz, nas primarias do pasado 21 de maio decidiu non presentar candidatura á delegación pontevedresa e a lucense logo de fracasar o intento de elaborar unha lista que reflectise o resultado das votacións na provincia das eleccións á Secretaría Xeral do PSOE.

Ruptura en Pontevedra

Segundo fontes consultadas por Europa Press, os afíns a Díaz, aliñados co alcalde vigués, Abel Caballero, decidiron retirar a súa proposta e non participar nas votacións. A elección de Gonzalo Caballero como cabeza de lista para a candidatura consensuada provocou que os 'susanistas' decidisen romper coas negociacións.

Deste xeito, a única lista presentada recibiu 116 votos a favor e 27 en branco. Completan a lista de 16 delegados de Pontevedra: Digna Lia Rodríguez, Nicolás González, Verónica Tourón, Eduardo Reguera, María Pérez Martínez, Jorge Luís María López, Rosa María Otero Carballo, Raimundo Calviño, Violeta Lois, José Vence e Juliana Dios Barreiro.

En declaracións a Europa Press, Gonzalo Caballero indicou que buscaron "a integración ata o último momento" pero "os que derrubaron a Pedro (Sánchez) anteriormente expuñan un veto" cara a súa persoa. "A nosa delegación considera que non se pode facer futuro con vetos", apostilou.

Así, chamou a estar "á altura das circunstancias", á vez que convidou a "os cargos públicos institucionais" do PSOE de Pontevedra a "entender" a "nova etapa" aberta no partido. "Fallan os que non entenden a mensaxe da militancia polo cambio", incidiu.

'Susanistas'

Pola súa banda, o portavoz do PSOE de Vigo, Carlos López Font, --afín a Susana Díaz-- manifestou, en declaracións a Europa Press, que a intención do sector 'susanista' foi que "houbese un acordo" para reflectir o resultado das primarias nunha lista de consenso.

Con todo, o acordo para elaborar esta lista conxunta non puido alcanzarse por, segundo López Font, as "intransixencias" dos 'pedristas', polo que decidiron apartarse e non presentar unha proposta propia coa intención de non xerar "división".

E é que, segundo López Font, "os que perderon en Vigo" non poden "ser referencia" a delegación dos socialistas da provincia no Congreso Federal, en alusión a Gonzalo Caballero, cuxa elección como cabeza de lista non foi aceptada polos partidarios de Susana Díaz.

No entanto, defendeu que "non era cuestión de nomes" e que este sector non vetou "a ningunha persoa". Por iso, continuou, a pesar dos "moitos intentos" e fronte a "a inflexibilidad total ata o último momento" dos 'pedristas', o sector máis próximo ao alcalde vigués decidiu apartarse do proceso de elección de delegados."Non queremos que haxa división e por iso saímos e non participamos nas votacións", declarou López Font.

Lugo

En Lugo, ademais do alcalde de Pedrafita do Cebreiro, os outros representantes da candidatura serán afíns a Pedro Sánchez. A lista foi referendada polo 73 por cento dos 123 delegados comarcais presentes este domingo no 'congresiño' do PSOE da provincia de Lugo.

Así, acompañan a Raposo Magdalena a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín --Terra Chá--; o portavoz do PSOE no Corgo, Javier Cerqueiro --Lugo--; María Carmen Veiga --A Mariña--; o deputado José Antonio Quiroga --Lemos--; Isabel Salazar --Lugo--; José Luís Díaz --Lugo--; Raquel López Rodríguez --Chantada--; o alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela --Quiroga--; Marina Ramudo Graña --Pol-- e Hugo Ucha --Lugo--.

Pedro Sánchez gaña en Galicia

Ademais de en Pontevedra e Galicia, tamén na Coruña e en Ourense gañou o sector de Pedro Sánchez.En Ourense, cunha votación moi igualada, os afíns a Sánchez fixéronse con cinco dos nove postos da lista ao acadar o 44% dos votos fronte ao 42 do sector "susanista", que encabeza o ex secretario xeral Pachi Vázquez, moi crítico cos que votaron por Pedro Sánchez.

A Coruña foi a única provincia onde se chegou a un acordo entre os tres sectores que tiveron votos nas primarias. Así, da lista de 20 delegados, haberá 14 afíns ao vencedor das primarias, Pedro Sánchez; catro alíñanse coa presidenta andaluza, Susana Díaz, e dous co exlendakari Patxi López.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Leitugas ALIEN EXPAÑOL

Leitugas e o momento de pagar o que fixeches... fuches moi vacilante, fuches moi do aparello do partido, caiches en andalucismo, incluso chegaches a decir do arte da tauromafia e do ben que cheira o himno de expañol, fuches moi fascista!!! moi traidor!!!! non estiveches co líder caído pola lama, por culpa das baronias, estabas coa Susanita que en vez de ovulos nos ovarios ten espermatozoides!!!! deixaches abraidados a propios e extraños nas 4 provincias, namentras o grupo parlamentario e teu, do teu manexo infame e achegado a podreiros de expaña, agora isto pode rematar, espero que che purgen... rata vividora e fascista, camándula revirada, o teu expañolismo, o teu crime nefando!

2 Gamela

O caudillo Abel non pode ver ao seu sobriño Gonzalo nin en pintura !!! Será cousa de ver o resultado do Congreso PSOE, a ver se ten que ser o PSOE quen faga OPOSICIÓN a Abel & Carmela S.L. (pois o que é a MdV leva dous anos tocando palmitas!)

1 Fillares

Con esta oposición habemos PP para rato.

1 Sesees

Habemos