Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/07/2017 | Actualizada ás 11:23
A Asociación PuntoGal celebra este ano o Día da Patria cun desconto para os novos dominios, que poderán adquirirse por 25 euros, máis IVE, nos rexistradores acollidos a esta promoción.
A campaña activarase este 14 de xullo, e finalizará o vindeiro 31 de xullo. Durante esas dúas semanas os dominios .GAL terán o prezo máximo de 25€ máis IVE para os rexistros novos. Os rexistradores acollidos á promoción son os seguintes: Arsys, CdMon, Dinahosting, Entorno Digital, Nominalia, Host Europe e OVH.
A promoción acompáñase, nesta ocasión, da creatividade desenvolvida especialmente para o dominio por Rei Zentolo, socios de PuntoGal, con motivo do primeiro aniversario do dominio, en 2015. O deseño, que se publicará tanto na web como nas redes sociais, é unha homenaxe á revista Nós realizada con imaxes de inspiración tecnolóxica. PuntoGal conta, a día de hoxe, con máis de 4.100 dominios rexistrados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.