Venezuela: A constituinte vai!!

O resultado das eleccións constituintes de Venezuela, xa comeza a dar distintos sinais, en varios sentidos. Mentres a oposición continúa convocando a movilizaciones e actos de violencia -cada vez máis rexeitados pola poboación- o goberno toma medidas executivas, para a pacificación do país.

Por Lois Pérez Leira | Venezuela | 08/08/2017

Comparte esta noticia

Un dos sinais máis claros, foron as declaracións do Presidente da Asemblea Nacional e líder da oposición Xulio Borges, quen desestimó a posibilidade de convocar a un goberno provisional. Isto demostra a debilidade que ten na actualidade a famosa e fantasmal “Hora Cero” da oposición. O goberno polo seu lado mostrou firmeza ao enviar nuevamente ao cárcere a Leopoldo López e Antonio Ledezma por violar a normativa carcelaria. Outro sinal de poder é a instalación dos constituintes, no recinto da Asemblea Nacional.
Malia que continúa a presión internacional para deslexitimar á Asemblea Constituinte -agora poñendo en cuestión a transparencia do resultado electoral- o certo é que este proceso é imparable e tende a profundar esta revolución bolivariana, coa proposta de máis chavismo trasformador.
 
A oposición demostrou que non pode tombar ao goberno e os EEUU non se anima a intervir directamente. Malia tomar medidas simbólicas contra o Presidente Maduro. O petróleo venezolano segue sendo necesario para este país. Mais nun momento que o ouro negro tende a subir e espérase un inverno frio. Doutra banda na longa conversación de Trump e Putin o tema venezolano seguramente estivo presente no debate. Para Rusia unha interferencia neste país seria contestada de forma inmediata.

Antes das eleccións Rusia acusou a Estados Unidos de exercer presións políticas sobre Venezuela e advertiu de que a desestabilización sería unha ameaza tanto para a democracia venezolana como para toda Latinoamérica.

“Advertimos con preocupación o aumento das tendencias negativas e da situación desestabilizadora na República Bolivariana de Venezuela, que está unida a Rusia por estreitos lazos de amizade e asociación estratéxica”, informou o ministerio ruso de Exteriores nun comunicado.

Rusia considera que a actual tendencia “é unha ameaza para a estabilidade democrática dese país e pode ter consecuencias moi graves para a situación na rexión latinoamericana, en xeral”.

“O agresivo aumento das presións políticas e sancionadoras sobre Caracas por parte de Washington disiente da postura de moitos membros da comunidade internacional, que abogan pola procura de solucións constructivas para os problemas internos de Venezuela?, apuntou.
Arremeteu ademais sobre o anuncio de EEUU de que a situación en Venezuela representa “unha ameaza inusual e extraordinaria para a seguridade nacional”.

“Confirmamos a nosa firme solidariedade co pobo de Venezuela e os seus dirixentes elixidos legalmente, e o noso decidido rexeitamento ante calquera tipo de accións violentas e golpes de Estado como método para desbancar a Gobernos lexítimos de estados soberanos”, recalca a nota oficial rusa.

Esta firme posición seguramente tívoa en conta o goberno norteamericano antes de realizar calquera aventura bélica.

Mentres o axedrez político continúa, gañando por agora as pezas brancas do goberno, o fundador de WikiLeaks, Julian Assange, comentou de xeito irónica a actual situación en torno de Venezuela e os intentos de EEUU de interferir nos asuntos internos do país latinoamericano.

“Non entendo por que [o presidente de Venezuela, Nicolás] Maduro non se apresura e adopta a Constitución saudita para que o Goberno de EEUU estea contento con el”, sinalou Assange en alusión ás draconianas leis que rexen en Arabia Saudita, cuestionadas por numerosos defensores de dereitos humanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.