Detido un pirómano como autor de 16 lumes e investigado por outros 180 incendios

Os lumes que se lle imputan tiveron lugar na comarca en Lalín e Agolada (Pontevedra) e en Santiso (A Coruña).

Por E.P. | VIGO | 04/09/2017 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron por un delito continuado de incendio forestal a un home de 40 anos, G.V.C., veciño de Agolada (Pontevedra), que supostamente provocou en agosto un total de 16 incendios na comarca do Deza (Pontevedra) e en Santiso (A Coruña), e que xa foi detido en anos anteriores pola comisión de máis de 180 incendios.

Remitindo Nota De Prensa
Remitindo Nota De Prensa | Fonte: Europa Press

Segundo informou o Instituto Armado, efectivos do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra iniciaron a operación 'Ignis Arbor' para pescudar a autoría dos incendios forestais rexistrados durante a primeira quincena de agosto na comarca do Deza, fundamentalmente en Agolada e Lalín.

Froito das probas practicadas, púidose centrar a investigación sobre un veciño de Agolada xa detido en 2012 como autor de máis de 150 incendios forestais na Comunidade galega, e investigado en 2015 por unha trintena de incendios máis rexistrados na provincia de Pontevedra.

En concreto, os investigadores conseguiron situar o vehículo deste individuo no lugar e momento en que se iniciaron nove incendios forestais os pasados días 24 e 26 de agosto; e conseguiron probas gráficas e testificais de que o home era o titular e único ocupante do devandito vehículo.

A partir de aí, púidose vincular a esta persoa a outro cinco incendios ocorridos tamén no mes de agosto. En total, considérase o presunto autor dun total de 16 incendios forestais: 13 en Agolada, dous en Lalín e un en Santiso.

DETENCIÓN

Por mor destes feitos, o pasado fin de semana dispúxose un amplo e complexo dispositivo de control e seguimento deste home, que permitiu sorprenderlo cando acababa de prender lume en dous puntos do monte en Ferreiroa (Agolada). A ambos os lugares chegou ao volante do seu vehículo, aínda que as lapas foron sufocadas pola rápida intervención dos servizos contra incendios.

A Garda Civil informou de que a investigación continúa aberta para tratar de determinar a presunta responsabilidade deste home --que este luns pasará a disposición do Xulgado de Instrución número uno de Lalín-- noutros 12 incendios que se rexistraron no municipio de Agolada durante o mesmo período.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 señores e da ppiromaniaca

MIREN SI E DO PP DA AGOLADA??? ha xente que sinala o individuo en cuestión como pepeiro de agolada - É do PP de Agolada, polo que eu sei. Amigo do anterior alcalde (casualmente sogro do actual). mandan polo face... COMPROBEN O DATO SI TIÑA CARNET SI ESTABA DADO DE ALTA!!! su sospeito moito de PP-iromanos!!!

3 Arturo

Pero non, a culpa dos incedndios é da política da Xunta. Sempre. Sempre.Os incendiarios non existen.

2 Leike

Levaba anos incendiando. Extinguido. Ata o próximo. Menos mal que temos un goberno eficaz encabezado por Rachoy el LeeMarca e Feixón el Mangueritas

1 anonimo

Non me interesan as súas iniciais, interésame saber a qué se adica, se ten algún transtorno mental ou discapacidade social, ou enfrentamentos cos viciños.

1 PP-iromano¿?

miren si ten carnet do PPePPeiro, si ia a plausar, ata coas orellas os mitins do noso "insigne" presidente autoanemico... moitos son como o trauman, que falan entre copa e copa na tasca de acabar co toxal de liquidar o toxeiro "o noso picudiño" señores 150 luMes forestais e andaba solto polo monte adiante e prendendo luMes... como esta a xustiza española, non vai ser o caso so de urgandamangarin e señora... andan todos ceibes... todos están ceibes!!! señores ata cando os expañois van seguir cebándose nos montes galegos???