Unha galega, nova directora do Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana

A paleoantropóloga ourensá María Martinón, de 43 anos e membro do equipo de investigación de Atapuerca dende 1998, pretende "converter a Burgos na capital europea da evolución humana”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 12/12/2017 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

A paleoantropóloga galega María Martinón Torres tomou xa posesión como directora do Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (Cenieh) tras ser nomeada polo consello rector do Centro o pasado 27 de novembro,  tras un proceso de selección competitivo para substituír no cargo ao xeólogo Alfredo Pérez González.

A ourensá María Martinón, noba directora do Cenieh de Burgos.
A ourensá María Martinón, noba directora do Cenieh de Burgos. | Fonte: cenieh.es

A nova directora, membro do Equipo de Investigación de Atapuerca dende 1998, dixo estar “moi ilusionada” con esta nova etapa da súa carreira profesional, e confía en “seguir traballando en equipo para converter a Burgos na capital europea da evolución humana”.

O Cenieh, ubicado en Burgos, é a única infraestrutura, dentro da área das Humanidades, incluida no MAPA de Instalaciones Científicas y Técnicas Singulares aprobado polo Consejo de Ciencia, Tecnología e Innovación en outubro do 2014.

TRAXECTORIA PROFESIONAL

María Martinón Torres pertence a unha coñecida familia ourensá de sete irmáns, entre os que se atopan, Federico Martinón, xefe de Pediatría Clínica no CHUS compostelán, ou Lucas Martinón, director xeral de Comunicación da Xunta co Goberno do Partido Popular.

María Martinón (1974) é doutora en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Antropoloxía Forense pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Orixes Humanos (MPhil en Human Origins) pola Universidade de Bristol (Reino Unido).

Os dous últimos anos, e ata  o seu nomeamento como directora do CENIEH, ocupou o posto de profesora investigadora (Reader) no Departamento de Antropoloxía da University College London. Entre 2007 e 2015, foi responsable do Grupo de Antropoloxía Dental do Cenieh. Ten lideraliderado e participado en varios proxectos internacionais relacionados co estudo da dentición en homínidos en xacementos de todo o mundo, como Xeorxia (Dmanisi) e China, e ten publicado máis de 60 capítulos de libros e artículos para revistas científicas peer review incluidas no índice  Science Citation Index), como Nature, Science, PNAS o Journal of Human Evolution.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 A verdade

Noraboa.