Oculta o PPdeG casos de mortos por infarto en Lugo?

O PSdeG anuncia que irá aos tribunais se os populares, que gobernan na Xunta, non informan das mortes por infarto na provincia. Temen que oculten os datos para non dotar a Lugo co servizo de Hemodinámica 24 horas.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 21/02/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Lugo acudirá aos tribunais se o Partido Popular, que goberna na Xunta, segue sen facer públicos os datos do Rexistro Galego de Infarto (Regaliam). Esta formación cre que os populares ocultan deliberadamente estes datos para non dotar ao HULA de Hemodinámica as 24 horas dos 365 días aos ano, facendo caso omiso a todos os informes científicos que acreditan a necesidade deste servizo na provincia lucense.  

O Secretario Xeral do PSOE pola Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a Presidenta da Executiva Provincial Socialista e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Secretario de Sanidade, Miguel Fernández Méndez
O Secretario Xeral do PSOE pola Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a Presidenta da Executiva Provincial Socialista e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Secretario de Sanidade, Miguel Fernández Méndez | Fonte: PSdeG Lugo

Así o denunciaron este martes o Secretario Xeral do PSOE pola Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a Presidenta da Executiva Provincial Socialista e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Secretario de Sanidade, Miguel Fernández Méndez.  Por iso, o PSdeG de Lugo deu un ultimátum ao PP tras presentar 84 iniciativas parlamentarias esixindo o servizo de Hemodinámica 24 horas e solicitar en 14 ocasións os datos do Regaliam “que non fan públicos e nos que se amparan para non implantalo”, denuncia.

Santos Ramos destacou que “ao Partido Socialista na Provincia de Lugo acabóuselle a paciencia”. “Imos a facer un esforzo máis por conseguir que todos os lucenses saiban os datos reais de mortalidade, de tempo de atención, de morbilidade....dos pacientes que sofren un infarto na nosa provincia e son tratados en Lugo en horario de oficina ou son trasladado a outros hospitais. Imos a facelo, unha vez máis, solicitando todos estes datos. Se no prazo legal dun mes non nos contestan e facilitan esta información, acudiremos ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”, advertiu.

Non imos a consentir que segan enganando aos veciños. Algo deben de ocultar cando non se mostran estes informes. Sospeitamos que oculten que segue habendo máis mortes e máis persoas con secuelas na provincia por ter que desprazarse á Coruña”, dixo Santos.

Os dirixentes socialistas denunciaron que son 7 anos de incumprimentos de Hemodinámica as 24 horas, 10 do Museo da Romanización, 19 do Plan Paradai, 9 da Intermodal, 8 do Barrio da Residencia ou 40 da residencia de maiores. “Ao PP pésalle máis o código postal que o código ético. Parece que temos que conseguir os logros na rúa ou no seu defecto nos xulgados. Basta xa coa discriminación de Lugo”, indicaron nunha rolda de prensa.

Protestas no HULA pola falla de varios servizos
Protestas no HULA pola falla de varios servizos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Un de Lugo

Moi ben feito. E que carallo fan os das mareas e os do Bloque. Andan nas berzas en Lugo?. Certamente estou moi dacordo con isto. Aos do PP hai que pagarlles sempre coa mesma moeda. Ben feito

1 Luguesa

Pois xa ves. Grazas PSdG. Acórdate cando votes.

1 Farta

O PSdG ten un voto máis en Lugo.