Por Galicia Confidencial | Rennes | 22/02/2018 | Actualizada ás 08:30
Olivier Franchois jean Le Clainche, alias Kendal Breizh (Cantil da Bretaña) , era un militante moi coñecido en certos ámbitos da esquerda bretona. Kendal Breizh morreu asasinados por tropas turcas canda o galego Samuel Prada León, alias Baran Galicia (Chuvia de Galicia), combatendo xunto cos curdos no cantón de Afrín, en Siria.
Nos últimos días, e a diferencia do acontecido co galego –cuxa relación con Galicia era esporádica porque residía en Andorra--, Olivier está recibindo numerosas homenaxes na súa patria. E os seus amigos insisten: “Kendal Breizh non é francés, é bretón”. Tamén varias webs oficias curdas lembraban estes días que “era bretón”.
“Bretaña é un pequeno país que está ocupado por Francia, e Kendal dedicou parte da súa vida a loitar contra o imperialismo frances e pola liberdade do pobo bretón. A el gustarialle ser recordado como bretón”, recolle a web Afrin Resistance.
Kendal Breizh est un antifa breton parti combattre auprès des kurdes du YPG. pic.twitter.com/RRATQpfftS
— Loopsider (@Loopsidernews) 7 de febrero de 2018
De feito, Kendal Breizh sempre levaba unha bandeira bretona aos frontes nos que loitou en non dubidou en ondeala en varias ocasións xunto coa curda ou outras como a corsa. Ademais, nalgúns dos vídeos distribuídos polos curdos amosase orgulloso da súa procedencia bretona e a súa militancia antifascista. Os seus camaradas destacaban hai un día nun comunicado a súa militancia esquerdista e os ideais que o levaron a loitar contra os fascismos islamita e turco.
Tamén o holandés Sjoerd H., alias Baran Sason, morreu un días depois que o galego e o bretón, na explosión dun coche bomba. E tamén el deixou un vídeo no que explicaba as razóns que o levaron a loitar a carón dos curdos.
.#YPG fighter from the Netherlands Sjoerd H, nom de guerre Baran Sason, lost his life in the explosion of a bomb-laden vehicle.https://t.co/NaGXkYdYB1#ŞehidNamirin#TwitterKurds #Kurdistan #SDF #YPJ #Afrin #DefendAfrin
. pic.twitter.com/DTTLI7EGl3— Country of Kurds (@DefenceUnits) 18 de febrero de 2018
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.