Hai crise xeracional no BNG?

La Voz apunta a unha crise dentro do Bloque e volve sair na defensa de Ana Pontón e o “novo BNG”. Faino logo das críticas de pesos pesados da UPG tras o cartaz nacionalista do 8M e o emprego da palabra “cona”. Na polémica, un artigo de Pilar García Negro no xornal Sermos Galiza.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 04/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Pontón, el recambio que no pide permiso”. Este é o titular que aparecía  en La Voz de Galicia este domingo e no que daba conta dunha polémica dentro da formación nacionalista sobre o emprego da palabra “cona” no cartaz que o Bloque lanzou para reivindicar o 8 de marzo. “La polémica campaña del 8M hace aflorar el choque generacional que vive el BNG sobre cómo encarar el futuro”, indicaba este medio.

Ana Pontón e Pilar García Negro nunha rolda de Prensa
Ana Pontón e Pilar García Negro nunha rolda de Prensa | Fonte: EP

Un “choque generacional” que La Voz utilizaba para contrarrestar outro artigo publicado no xornal Sermos Galiza pola ex deputada do BNG no Parlamento galego, Pilar García Negro, no que criticaba a campaña de comunicación desta formación nos actos do 8 de marzo. “La exdiputada nacionalista e integrante de la Fundación Bautista Álvarez reservó cinco párrafos de un artículo publicado en Sermos Galiza”, apuntaba La Voz.

CONA, "ORDINARIEZ"

Referiase a un escrito que baixo o título de “8 de marzo”, García Negro publicou o pasado 2 de marzo neste medio vinculado ao nacionalismo galego.  “A utilización da palabra central e de maior tamaño, 'cona' por sobre ser unha ordinariez nunha mensaxe pública dunha organización política (non un clube, non a transcrición da linguaxe tabernaria, non o libre uso individual de quen lle pete falar deste xeito), imita directamente a machista linguaxe masculina, en frecuencia de uso en español, por certo: 'estar hasta los huevos'”, escribiu a ex deputada nacionalista sobre o cartaz do BNG.

“Se agora nós, mulleres galegas, temos de emular, feminizando os xenitais, esta linguaxe, eu confésovos que xa non entendo nada. O meu mundo é outro, o meu planeta, distinto. O meu feminismo, tamén. Ora ben, se o que se quer é  -tal é como se di-  “provocar”, pergunto: provocar o que, provocar a quen? Acaso “épater le bourgeois”?... Unha organización política como o BNG non é o que ten definido na súa doutrina, nos seus textos, na súa propaganda, na súa historia, nas súas iniciativas parlamentares, na súa mobilización social, tal e como ficou definitivamente formalizado na VII Asemblea Nacional, celebrada en Ferrol en 1995. Xa choveu... Calquera cousa menos bioloxismo ou xenitalismo. Supoño que concordaremos en que pensamos e sentimos coa cabeza, non cos xenitais... Supoño que concordaremos en que feminismo non é xinecoloxía...”, concluía Pilar García Negro o seu artigo.

NOVOS DIRIXENTES DO BNG SEGUNDO LA VOZ

Campaña do BNG polo 8M
Campaña do BNG polo 8M

Unhas críticas que foron contrarrestadas en La Voz de Galicia, que fala de dous sectores enfrontados dentro do BNG, un sector que encabeza Ana Pontón e vinculado aos novos dirixentes saídos da UPG, e outro sector no que sitúan a Pilar García Negro, ex líderes do Bloque e aínda hoxe en día, pesos pesados da UPG, o grupo maioritario da formación nacionalista.

E, o xornal coruñés decántase por Ana Pontón e a nova fornada de dirixentes, entre os que sitúa a Carlos Callon, Olalla Rodil, Noa Presas, Xavier Campo e Rubén Cela. “Forman parte de esa hornada de dirigentes nacionalistas nacidos con posterioridad a la muerte de Franco, gente que piensa en digital, que maneja con fluidez las redes sociales y que, aunque respeta a los veteranos, no está dispuesta a pedir permiso en cada momento para ser protagonista de su tiempo político”.

"LO MEJOR DEL NACIONALISMO SE QUEDÓ EN EL BNG"

Non é a primeira vez que o xornal coruñés sae na defensa de Ana Pontón. O articulista Carlos Caneiro xo ten feito en varias ocasións, mesmo comparando a Pontón con Rosalía, e destacando a nova liña do BNG, fronte a “frivolidad” da marea. O propio Caneiro publicaba, hai uns días, outro artigo no que insistía neste apoio.

Nun escrito titulado  “Noriega y la onda Represiva”, sobre a polémica en torno ao pregón de Entroido do humorista Carlos Santigo, Caneiro destaca que “lo mejor del nacionalismo se quedó en el BNG. El resto se desperdigó cual bandada de estorninos por un cielo atlántico y cetrino”. “O sea, que uno no sabe dónde pueden acabar. Tan pronto ríen las gracias a Pablo Iglesias, como se acunan en los brazos de los independentistas o bajo los pies del imperialismo capitalista (aunque en realidad los nuevos «parias de la tierra» no han renunciado nunca a sus privilegios)”.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

5 zeltia rodrigues moure

estades arrastrando os collons polo chao, machista "comunista dependentista" da marea podreira, nese monicomio-frenopatico-cotongoleño tedes os ovos que se os caeron polo escroto abaixo rebotaron no chao e acabaron taponando o buraco negro do cu (ise lugar onde nunca pega o Sol), sodes un autentico petardo horrísono co machismo do vello -Vieiras, por que tentades destruir o feminismo galego??? MACHORROS INDECENTES, SEGURO QUE NON FACEDES NINGUNHA TAREFA NA CASA??? ANDA E IDE LER UNHA GUIA PARA FACER A COLADA!!! e non valen practicas de 5 minutos pasando o ferro na casa!!!! O VELLO!!!! O VELLO XA O DIXO TODO, XA OS COLOCOU ONDE ESTADES!!!! - https://www.youtube.com/watch?v=Hf3...

1 O que queda do BNG

Vaites Gonzalo! Aínda non practicaras o travestismo cybernético. Agora xa se pode dicir que xa ensaiaches todas as disciplinas dun autético troll.

4 Crítico publicidad

Pues a mi el cartel del 8M del BNG no me parece ninguna ordinariez, es un cartel que utiliza el humor en sentido positivo y que es muy eficaz desde el punto de vista comunicativo. Las mujeres protagonistas del cartel son representadas como dueñas de si mismas. Creo que es un cartel en positivo. Y, la polémica sobre él, no hace sino darle publicidad y generar público. Creo que la Pontón sabe lo que hace y es indudable que maneja bien la comunicación. En otros tiempos se diría todo de otra manera, pero estos tiempos son los que son y los mensajes tienen que actualizarse para enganchar al público objetivo.

3 comunista independentista

Boinas e birretes na U.

2 Obelixco

La Voz de Galicia apoia a Pontón porque Santiago Rey sabe que mentres o nível de oposición a Feijoo non pase dunha cona-chada as posibilidades de cambio na Xunta redúcense a cero. Coa campaña da co-na faise ruído, escandalízase algunha beata, pero non da un voto.

1 Serantes

Mallado!!!.

1 sermos agradecidos

O UNTO apoderouse do BNG. Así de claro!!! E os vermes deixanse querer por La Voz de su Amo, ambos comparten merendas e aplaudense mutuamente, todos gostan do unto!!! Bautista avisou a tempo, os que non se enteraron é que tamén queren enzoufarse na graxa.