Temas: SATéLITES

Como conseguir resolucións espaciais de 10 centímetros do territorio dos concellos galegos

Fotografías aéreas de alta resolución remapearán varios concellos de Galicia. Permitirán identificar e representar as construcións, o mobiliario urbano ou os elementos das infraestruturas básicas, así como a obtención de distintas perspectivas sobre unha mesma zona do terreo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/04/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Os concellos de Cambre, Carballo, Oleiros, Lugo e Sanxenxo realizarán, por primeira vez, voos que permitan obter fotografías aéreas xeorreferenciadas de alta resolución de cada un deses municipios. Esta actuación, coordinada polo Instituto de Estudos do Territorio, realízase ao abeiro ao Plan nacional de ortofotografía aérea (PNOA 10) para Galicia, polo cal se obterán imaxes áreas durante o ano 2018, co fin de obter ortofotos cunha resolución espacial de aproximadamente 10 cm.

Representación do satélite Gaia mapeando a Vía­a Láctea
Representación do satélite Gaia mapeando a Vía­a Láctea | Fonte: ESA.

Co desenvolvemento destes traballos, será a primeira vez que na Comunidade galega se obteñan este tipo de imaxes e para unha extensión tan ampla, o que sitúa Galicia á altura de comunidades como Madrid, Cataluña e País Vasco. 

As ortofotografías tradicionais actualmente dispoñibles non permiten realizar medicións precisas en zonas urbanas densas debido aos abatementos e desprazamentos das edificacións polo efecto do ángulo de captura, mentres que estas ortofotos verdadeiras (true-orto) permiten realizar medicións precisas de obxectos como edificios, avenidas, barrios, beirarrúas, etc. 

URBANISMO

En definitiva, estas imaxes aéreas permitirán mellorar a capacidade para identificar e representar as construcións, o mobiliario urbano ou os elementos das infraestruturas básicas, así como permitir a obtención de distintas perspectivas sobre a mesma zona do terreo ao tempo que se pode conseguir rectificar a parte superior das edificacións, o que significa na práctica que estas aparecerán reflectidas na súa posición verdadeira, fronte ao que sucedía nas ortos convencionais. É dicir, evitaranse as oclusións producidas polos edificios e poderanse observar, medir e representar todos os obxectos na contorna das edificacións, así como medir a altura e forma das edificacións con gran precisión.

Imaxe de satélite da costa coruñesa
Imaxe de satélite da costa coruñesa | Fonte: @15T209 en Twitter.

Grazas ao desenvolvemento deste convenio obteranse fotografías que permitirán a elaboración dunha cartografía a grande escala (1:500 e 1:1.000), que posibilitarán a medición de superficies e alturas con maior precisión que as fotografías tradicionais. A modo de exemplo, farase unha medición máis exacta das pendentes de cubertas, do estado de aliñacións, do largo das beirarrúas...

Así mesmo, e segundo apunta a Xunta, estes mapas serán unh fonte de información para múltiples aplicacións e usos, como a planificación urbanística , renovación urbana, cartografía 3D, catastro 3D, enquisas de infraestruturas e equipamentos locais, disciplina urbanística, emerxencias e seguridade cidadá, xestión de redes de saneamento, abastecemento, rego e de comunicacións, luz pública, recollida de residuos (localización de contedores), mobilidade, pavimentación, Smart Cities, e BIM (Building Information Management).

EXPERIENCIAS ANTERIORES

Durante o ano 2017, dentro do Plan nacional de ortofotografía aérea, efectuáronse voos sobre o territorio de Galicia co fin de obter ortofotos con 25 cm de resolución espacial. Este plan non cubriu a totalidade das necesidades dos concellos en materias da úa competencia, como a planificación de redes de saneamento e abastecemento, plans de emerxencias, localización de equipamentos e dotacións, evolución da ocupación do solo ou a planificación e disciplina urbanística.

Temas: SATéLITES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta