Santos cre que a renuncia de Hermida é unha reacción "tardía"

A secretaria xeral de Podemos Galicia, expresou que a renuncia definitiva anunciada polo deputado de En Marea Xoán Hermida é "coherente" pero matizou que o pontevedrés "podería ter aforrado o ruído dos últimos días".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2018 | Actualizada ás 21:14

Comparte esta noticia

A renuncia de Hermida aínda non é efectiva. Hai 20 días, o político pontevedrés, avanzou en pleno debate sobre a continuidade de Paula Quinteiro que renunciaría á súa acta en caso de producirse unha vacante, acordou co portavoz do partido instrumental, Luís Villares, adscribirse de forma provisional ao Grupo Parlamentario de En Marea. Facíao logo de ser declarado deputado electo co compromiso de que non asumiría a condición plena de parlamentario, renunciando, entre outras cousas, ao salario, e que presentaría a súa renuncia definitiva unha vez resolvésese a continuidade de Paula Quinteiro no Pazo do Hórreo.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos | Fonte: Europa Press

Agora, Xoán Hermida avanza que renuncia definitivamente ao seu escano após a convocatoria dunha consulta non vinculante ás bases de En Marea sobre o futuro da parlamentaria, membro de Podemos Galicia.

Cuestionada sobre este asunto, Carmen Santos asegurou que o paso dado por Hermida é "coherente" coa que xa anunciara, pero asegura que podería facelo antes para "aforrarse o ruído" xerado ao redor de En Marea nos últimos días. "O mínimo que mostra é coherencia, tardía, pero coherencia. Supoño que será para protexer a dignidade do grupo parlamentario e a dignidade de quen confiou en nós. Oxalá fose antes", comentou.

JULIA TORREGROSA

Así as cousas, a acta recae agora no número sete da lista por Pontevedra, Julia Torregrosa, responsable da área de Educación de Podemos Galicia e profesora nun centro educativo de Poio (Pontevedra), polo que a formación morada mantería o seu peso dentro do grupo parlamentario de En Marea.

Santos asegurou que a súa compañeira de partido "ten todo arranxado para poder tomar posesión", á vez que indicou que a súa incorporación sería "unha boa noticia para o proxecto e para os galegos".

Ademais, a secretaria xeral de Podemos Galicia non quixo comentar a convocatoria da consulta ás bases que prepara a dirección de En Marea sobre o futuro de Paula Quinteiro que, en todo caso, non provocará a dimisión da deputada, decisión que corresponde unicamente a ela.

Así mesmo, manifestou que o expediente interno aberto á parlamentaria, membro da corrente Anticapitalista de Podemos, pechouse establecendo que "non houbo incumprimento do código ético" durante os feitos nos que, segundo recolle o atestado policial, Quinteiro chegou a esgrimir a súa condición de deputada ante uns axentes que realizaban un control nocturno por unha denuncia veciñal por vandalismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 Habla España

Teneis toda la razón, mucho mejor va ha estar galicia con feijoo que con la marea

6 conspiracionista podemos vijo

Foi engano, o vello –vieiras non estaba acabado, reventado por psicofármacos, o vimos, si o vimos, na sua ultima gran representación teatral, sentado naquela cadeira de rodas levada por unha enfermeira con “peitos gordos”, alcumada “a peitos gordos” pero non o vello non estaba nas ultimas estaba expectante, ten a misión e algún xa o afirmamos desde o principio de ser o xefe do podreiros…deixemonos de tonterías isto e unha campaña de dominación do podreiro, nos están traendo, queredes ter comedia pero non sabedes métela, o que fixechedes onte do secuestro de dous mozos da juventudes de Waldo das JONS foi moito, non os valeu a minoría de edade de 12 e 14 anos, os levachedes “o furancho do vello” e os reisteis a gargalladas namentras daballes labazadas e os emborrachasteis co licor da herba da que come o burro, namentras deciades con torva sorrisa de onde estaba a nosa profetisa Carmen dos santos e que pregaran a Virobaha para salvarse…

5 Kastaguai

Pero a deputada destrozacoches segue aferrada ao postiño.

4 Bernal Calvo Delaciga

Mañá é 1 de maio e o BNG non lle dá día libre os seus trolls. Son uns explotadores.

1 Al rescate

Menos mal que entras ti gratis a contestarlles

3 Pondaliao

Como cada luns, falou a voz do oráculo