Nova reunión este luns entre axentes forestais e ambientais con Facenda

Os sindicatos que representan aos axentes forestais e ambientais de Galicia volverán reunirse o vindeiro luns co director xeral de Función Pública, dependente da Consellería de Facenda, para negociar un novo acordo laboral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2018 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Após a reunión do martes, en véspera do comezo da folga indefinida que finalmente só afecta os axentes forestais (cuns servizos mínimos do 100%), Función Pública remitiu este mércores un novo documento que segundo os traballadores é case idéntico ao anterior e, por tanto, "insuficiente". Por iso, o comité de folga (convocada por UXT e CIG) rexeita a proposta e mantén o paro indefinido, suspendido temporalmente para os axentes ambientais por razóns de seguridade.

Axentes forestais en folga, o pasado 25 de xullo. REMITIDA
Axentes forestais en folga, o pasado 25 de xullo. REMITIDA

Neste escenario, ambas as centrais anunciaron que analizarán o luns en asemblea o resultado do encontro con responsables da Administración autonómica nas instalacións de San Caetano. Tamén esperan coñecer a resolución xudicial da denuncia presentada contra os servizos mínimos, ao entender que "non garanten a seguridade dos traballadores" (establecéronse no 20% para os axentes ambientais). Os dous colectivos profesionais desenvolverán a partir das 10,30 horas unha concentración na sede da Xunta e o comité de folga prevé comparecer ás 13,00 horas en rolda de prensa para informar o contido da cita e da decisión da asemblea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta