Extinguido o incendio de Lousame e estabilizado o do Invernadoiro, que afecta a 32 hectáreas

No lume do parque participan dous técnicos, 21 axentes, 57 brigadas, 23 motobombas, unha pa, 15 helicópteros e oito avións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2018 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O incendio iniciado este sábado na parroquia de Tállare, na localidade coruñesa de Lousame, foi extinguido sobre as 10,34 horas deste domingo, tras afectar a 5,5 hectáreas de arborado.

Un hidroavión tenta apagar o lume
Un hidroavión tenta apagar o lume | Fonte: Antonio Amboade

Segundo informou a Consellería do Medio Rural a Europa Press, participaron na súa extinción sete axentes, 15 brigadas, nove motobombas, unha pa, cinco helicópteros e dous avións.

De momento, continua tamén activo, aínda que estabilizado desde as 20,45 horas do sábado, o lume forestal iniciado o venres no municipio ourensán de Vilariño de Conso (Ourense) e que afecta a unha superficie de 32 hectáreas do parque natural do Invernadoiro.

A Consellería do Medio Rural indicou que as chamas comezaron na parroquia de San Mamede de Hedrada ás 16,42 horas do venres. Nos labores de extinción desde o inicio do lume participan dous técnicos, 21 axentes, 57 brigadas, 23 motobombas, unha pa, 15 helicópteros e oito avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta