Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2018 | Actualizada ás 18:35
Os incendios, que apenas se deixaron notar durante os meses de xullo e agosto, están cubrindo e fume e cinzas distintas zonas de Galicia estes días. O incendio forestal rexistrado na mañá deste martes na parroquia de Vilapedre, en Vilalba (Lugo), afecta xa a unha superficie de 33 hectáreas de monte raso, aínda que xa foi estabilizado.
O lume iniciouse sobre as 10.06 horas e que, nos labores de extinción, participaron un técnico, catro axentes, nove brigadas, seis motobombas e unha pa.
Ademais, continúan controlados os lumes que afectan os parques naturais do Xurés e O Invernadoiro e que afectan a superficies de 25 e 40,1 hectáreas, respectivamente.
En concreto, o lume que se iniciou ás 18.49 horas do domingo no municipio ourensán de Lobios e que afecta o parque natural do Xurés quedou controlado ás 20.32 horas do luns após afectar a 5 hectáreas de arboledo e 20 de raso.
Nos labores de extinción das chamas participaron un técnico, 11 axentes, 41 brigadas, 23 motobombas, dúas pas, cinco helicópteros e dous avións.
Tamén continúa controlado o incendio rexistrado en Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, e que afecta o parque natural do Invernadoiro. As chamas comezaron o venres ás 16.42 horas e quedaron controladas ás 20.30 do luns.
As últimas estimacións cifran a superficie afectada en 40,1 hectáreas, das cales 25,63 son de monte raso e os 14,47 restantes de arborado. Para controlar este incendio mobilizáronse dous técnicos, 27 axentes, 73 brigadas, 30 motobombas, unha pa, 15 helicópteros e oito avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.