Traballadoras da limpeza na Xunta denuncian discriminación salarial e laboral

Empregadas do Grupo Norte, concesionario da limpeza en edificios do goberno galego, concentráronse esta mañá diante das oficinas de San Caetano para esixir as mesmas oportunidades que os seus compañeiros masculinos na empresa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2018 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

“Queremos as mesmas oportunidades tanto salariais como de promoción que os nosos compañeiros homes” di Amelia Salláns, empregada de limpeza nas instalacións da Xunta de Galicia. Canda ela varias compañeiras concentráronse na mañá do mércores para que tanto a empresa Grupo Norte, a mesma que leva as chamadas ao 061, como a administración autonómica dean unha solución á situación de desigualdade que denuncian as traballadoras.

Concentración traballadoras da limpeza da Xunta
Concentración traballadoras da limpeza da Xunta | Fonte: CIG

O motivo é que no novo documento de contratación para o servizo de limpeza, moitos dos compañeiros de traballo das empregadas, puideron entrar na categoría de peón especialista, mentres que elas quedaron fóra da mesma e das vantaxes salariais. “Moitos entraron como limpadores mentres que moitas de nós levamos anos, eles con menos antigüídade puideron entrar na categoría de especialista sen concursar ou sen vacante libre”. No momento de reclamaren unha explicación aos seus xefes máis directos, “a explicación que nos deron foi que iso xa estaba así no documento de contratación que era cousa da empresa para poder aumentar a contrata”.

As traballadoras denuncian que a maioría de homes empregados na limpeza subiron de categoría sen a cantidade de trienios que moitas delas si levan acumulados. Ademais, as empregadas din que Grupo Norte “pon a desculpa de que eles agora fan outras actividades que nós non realizamos”. Antes do verán houbo reunións entre traballadoras e empresa ademais de con representantes da Secretaría Xeral de Presidencia da Xunta de Galicia. Desde a última reunión non se celebrou ningunha outra reunión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta