Ancares e O Courel, no centro do primeiro gran proxecto turístico-científico de Galicia

Desenvolverase nun espazo de 102.635 hectáreas que definirá todos os recursos turístico-científicos das dúas comarcas para realizar por turistas e profesionais.

Por Galicia Confidencial | Ancares | 16/10/2018 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

Os Ancares e O Courel son xa referentes do turismo e da ciencia en Galicia. Estes dous espazos naturais serán o centro dun gran proxecto científico e turístico que porá en marcha a Deputación de Lugo dentro do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020). O proxecto tratará de poñer en valor os recursos científicos para desenvolver económica e socialmente a provincia a través do turismo. 

Cerdeira no Courel
Cerdeira no Courel | Fonte: Antonio Lomba

Desenvolverase nunha espazo de 102.635 hectáreas, converténdose no plan turístico-científico coa maior zona de estudo de Galicia. Abrangue os municipios de Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. 

O proxecto, segundo explicou a Deputación de Lugo, consta de dúas fases, unha de certificación, que comeza de xeito inmediato; e outra de desenvolvemento de actividades específicas no territorio. A primeira fase supón un amplo estudo sobre as potencialidades turístico- científicas. Contará coa participación directa de expertos da Universidade de Santiago de Compostela, así como dos Concellos implicados, colectivos sociais do territorio e entidades. Arranca agora en outubro e previsiblemente se prolongará ata decembro. 

A segunda realizará xa actuacións concretas a desenvolver que se definirán coa participación de todos os axentes implicados na fase de certificación. Incluiranse roteiros, conferencias ou xornadas de bioloxía, micoloxía, xeoloxía ou botánica, entre outros. Estarán dirixidas á cidadanía en xeral ou a profesionais do sector. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta