O PSdeG advirte que non acudirá á Comisión do Marisquiño se segue sendo unha "mascarada"

Abel Losada censura os plans de traballo presentados polo resto de grupos, aos que acusa de usar o órgano para facer "campaña electoral contra Vigo".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/10/2018 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O deputado socialista Abel Losada reafirmouse este luns en que a comisión do Parlamento que investigará o accidente ocorrido no festival O Marisquiño de Vigo é unha "especie de mascarada" que tenta "exclusivamente" gañar "nunhas salas do Parlamento de Galicia aquilo que os cidadáns de Vigo non lle dan, en termos de votos e de apoio, nin ao PP, nin ao grupo de En Marea, nin ao BNG".

Accidente no Marisquiño en Vigo, con máis de 300 feridos
Accidente no Marisquiño en Vigo, con máis de 300 feridos | Fonte: Miguel Núñez

O deputado manifestou este luns a Europa Press que a decisión de seguir indo á comisión --que se puxo en marcha a finais de setembro, pero aínda está unha fase moi inicial, xa que se acaban de presentar os plans de traballo-- tomarase "no seo do grupo parlamentario socialista", que "aínda" non o ten decidido.

En todo caso, o PSdeG, como lembrou o propio Losada nun audio difundido aos medios, xa non presentou plan de traballo. Agora haberá que ver que paso da o mércores 31, cando, según Losada, se reúna o órgano para aprobar o seu plan de traballo definitivo.

O secretario xeral dos socialistas en Vigo, realizou unha valoración "enormemente negativa" dos plans de traballo presentados polo resto de grupos da Cámara para esta comisión e asegurou que "todos eles" tentan covertirla "nunha campaña electoral contra Vigo".

PLANS "SESGADOS"

"Tentan utilizar un mecanismo parlamentario como unha arma arreboladiza electoral contra o acalde de Vigo e contra o goberno municipal", aseverou Losada, que engadiu que "non hai ningunha razón obxectiva para presentar plans de traballo tan nesgados".

O deputado socialista criticou que PP, En Marea e BNG teñen "feita" a súa conclusión desta comisión "desde o primeiro momento" pois "tentaron responsabilizar ao alcalde, e ao Concello de Vigo, de algo que evidentemente é un accidente e que está sometido a unha investigación xudicial".

Así mesmo, Losada destacou que lles "sorprende" que o PP non solicite a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nesta comisión. "Se cadra está relacionado co feito de que o presidente Feijóo tampouco estivo o día do accidente en Vigo e os que estaban alí, ata que se terminou a posible procura de vítimas e a atención ás mesmas, foron o alcalde e o seu equipo", espetou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Abel Losada (o criado do alcalde Abel) ben podía soplarlle na orella ao seu xefe que o mesmo mércores 31 no Pleno do Concello teñen unha gran oportunidade de quedar coma se foran demócratas de toda a vida... Bastará con anunciar que RECIBEN aos que levan acampados diante do Concello un ano e 8 meses... http://gamela00.blogspot.com/p/remi...