Segue de moda o marxismo en Galicia?

O intelectual marxista de orixe latinoamericano Néstor Kohan participará nas actividades desenvolvidas pola organización Agora Galiza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/11/2018 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A organización Agora Galiza  prepara unha serie de actividades para reivindicar a "vixencia" e a "necesidade" da ideoloxía marxista nos nosos tempos. Estas iniciativas realizaranse durante as xornadas do venres 9 e o sábado 10 e contarán coa presenza do intelectual marxista Néstor Kohan.

Karl Marx
Karl Marx | Fonte: BBC

Este colectivo socialista, feminista e nacionalista considera "urxente" revisar a "caricaturización", "as deturpacións e as adulteracións ás que se viu sometido" o marxismo durante as últimas décadas. "A burguesía e o imperialismo levan máis de 135 anos intentando enterralo", din. Porén, para eles, "o marxismo segue vivo como método científico; vivo como filosofía e guía para a acción e a transformación revolucionaria da sociedade". 

Co obxectivo de pór de manifesto estas ideas, o arxentino Kohan expoñerá a súa perspectiva sobre a evolución da cuestión marxista ata a actualidade. Esta será a terceira visita do intelectual á Galicia, logo da súa participación nas Xornadas Independistas Galegas do 2008 e 2011. Desta vez, realizará unha intervención na Facultade de Xeografía e Historia, prevista para as 19.30 horas deste venres. Nela, presentará o libro Comunidad, nacionalismos y Capital. Marx 200 añosun compendio dos escritos de Marx acompañado dun estudo preliminar do propio Kohan.

Así mesmo,  o arxentino tamén impartirá un "curso de marxismo" ao día seguinte, na sede nacional de Agora Galiza. Ás 21.30 horas do sábado, unha cea de confraternización poñerá fin a estas xornadas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

10 fgvc

Precisamente porque o marxismo tenta explicar a realidade desde o prisma económico, non entende as carnicerías e as salvaxadas que pode facer un poder político omnímodo ¿ Cómo vai ser un carniceiro Stalin se na URSS non había explotación económica ?

9 gxdm

Eu non provoco ningún conflicto, nen " fago negocios cas vacunas" nen can que lle ladre. ! Eu non son o capitalismo ! O marxismo reivindicou para si a sua suposta condición científica, e pronosticou a caída do capitalismo, cousa que non se produxo. Stalin produxo mais de trinta millóns de mortos, e Mao produxo 45 millón de mortos co xenial " gran salto adiante" para producir non sei canto aceiro. Non son trolas, son realidades. ¿ Tamén son trola as salvaxadas de Pol Pot en Camboia? E os cadáveres que flotan no mediterráneo son produto de moitos factores, non son nen moito menos produto exclusivo do capitalismo.

8 Anonimo 2

"eu vivo en latitudes moi distantes do comunismo" cita do Sempre en Galiza de Castelao

7 Anonimo 2

(“¡Lo primeiro es ganar la guerra!”, decían os “previsores do porvir” (do porvir do seu partido)... “¡En cuanto termine la guerra o vosotros acabáis con nosotros o nosotros acabaremos con vosotros!” E aquel home falaba así porque sabía que eu era galeguista, e desafiábame en nome do seu partido…) cita do Sempre em Galiza de Castelao.

6 3wcf

A falta de argumentos, ataques personais. O de sempre. Seica as carnicerías de Stalin e os mortos de fame de Mao son " mantras goebbelianos" sen " base real negunha". Por favor. Stalin foi un carniceiro, paranoico responsable do asesinato de trinta millóns de persoas nas purgas. aparece ne calquer libro de historia. Seica, tamén, os rexímenes comunistas non se foron ao tacho, eso tamén debe ser algo sen base real. A verdade doe, e coma non casa cos dogmas, compre negala. Se te formaras con lecturas, sabiao. Cos fanáticos non se pode discutir, porque viven nun universo paralelo do século XIX, cheo de masas famentas e farrapentas, non no mundo de hoxe.