Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/01/2019 | Actualizada ás 19:03
O narcotraficante José Ramón Prado Bugallo, alias Sito Miñanco, foi condenado pola Audiencia de Pontevedra como autor dun delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas a unha pena de catro anos de cárcere e a pagar unha multa de seis millóns de euros.
A sección segunda da Audiencia Provincial impuxo a mesma pena de prisión e multa á primeira esposa de Miñanco, María Rosa P.N.; á maior das súas tres fillas, Rosa María; á súa excuñada, Josefa P.N.; e ao empresario José Alberto A.M.
Os maxistrados consideran acreditado na sentenza que "sen distincións entre eles", todos os acusados "participaron activamente de forma fundamental no conxunto de actos a través dos que pretendían lavar o diñeiro procedente do narcotráfico".
O tribunal provincial acordou a clausura definitiva da entidade Inmobiliaria San Saturnino S.L., á que considera "o eixo ao redor do cal todos os acusados levaron a cabo o delito de branqueo de capitais", e decretou o comiso da totalidade de bens adquiridos con diñeiro procedente do narcotráfico.
A Audiencia destaca á hora de fixar a pena "o volume de diñeiro blanqueado", así como os "negocios que levantaron, que sostiveron e que aínda teñen" e a cantidade de sociedades que formaron "para ocultar ou, canto menos, maquillar, a procedencia do diñeiro".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.