Importante caída do turismo rural en Galicia no 2018, a pesar da publicidade da Xunta

As pernoctacións en casas rurais galegas caen un 10,3% o pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2019 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

As pernoctacións realizadas en casas rurais de Galicia baixaron un 10,3% durante 2018 en Galicia en relación ao exercicio anterior, ata situarse nun total de 282.269, delas a maior parte (217.144) por parte de residentes en España. E iso, a pesar das millonarias campañas en medios de comunicación que gastou Turismo de Galicia para, supostamente, atraer visitantes.

Así o reflicten os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE), que aclara que a subcategoría de casa rural (dentro dos aloxamentos de turismo rural) calibrouse para favorecer a "comparabilidad" entre comunidades autónomas.

Así as cousas, esta modalidade de casa rural recibiu o ano pasado 100.774 viaxeiros de España e 34.389 do estranxeiro. Con 354 establecementos, 541 empregados e 4.249 prazas estimadas, o grao de ocupación por prazas alcanzou o 17,9% e en fin de semana ascendeu ao 27,91%.

En conxunto, os aloxamentos de turismo rural contabilizaron 217.733 viaxeiros o pasado exercicio e sumaron 416.423 pernoctaciones, cunha estancia media de 1,91 días. A ocupación media roldou o 28% por prazas en fin de semana.

APARTAMENTOS, CÁMPINGS E ALBERGUES

En 2018, aos apartamentos turísticos chegaron 130.913 viaxeiros que realizaron 430.042 pernoctaciones, de modo que a ocupación situouse no 45,2% por apartamentos en fin de semana. Os seus prezos experimentaron un aumento do 2,68% este ano.

Os cámpings rexistraron 260.852 viaxeiros e 948.556 pernoctacións. Desta forma, o grao de ocupación en fin de semana ascendeu ao 26,11%. Pontevedra situouse neste epígrafe como unha das provincias con maior número de pernoctacións: 494.197 de residentes en España e 87.597 do estranxeiro.

No relativo a albergues, o ano pasado, aos de Galicia acudiron 7.137 viaxeiros, que fixeron 31.418 pernoctacións, cunha estancia media de 4,4 días. A ocupación neste caso chegou ao 16,77% por prazas en fin de semana.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, as pernoctacións realizadas en aloxamentos turísticos extrahoteleiros tamén baixaron, aínda que menos. Alcanzaron os 127,2 millóns en 2018, o que supón 2,6% menos respecto ao ano precedente.

En concreto, un total de 25,4 millóns de viaxeiros elixiron en 2018 aloxarse neste tipo de aloxamentos en España. Os non residentes realizaron 77,7 millóns de pernoctacións o pasado ano, fronte aos 49,4 millóns de pernoctacións realizadas polos residentes en España.

Lurdeia casa rural. AYTO. BERMEO
Lurdeia casa rural. AYTO. BERMEO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sivio

Por qué soben en Asturias e baixan en Galicia? Terá que ver algo o feismo?