A Xunta, contraria a que A Coruña teña unha Cidade das TIC's na Fábrica de Armas

A opción de Feijóo é facer un hospital neses terreos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2019 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que é "un pouco improvisado" fixar a Cidade das TICs da Coruña na Fábrica de Armas, xa que a "prioridade" do seu goberno é "a posibilidade de construír un novo hospital" neses terreos.

Na rolda de prensa do Consello, o titular do Goberno galego dixo que primeiro o que hai que "saber é que se vai a facer, despois para que se vai a facer, e despois onde", xa que a súa localización, asegurou, "non lles preocupa".

Fábrica de Armas na Coruña
Fábrica de Armas na Coruña | Fonte: onemagazine.es

Neste sentido, expresou que a "prioridade" do seu Executivo é "a sanidade pública", polo que reiterou que dará o seu apoio á Fábrica de Armas como lugar para construír a Cidade das TICs se esta infraestrutura é rexeitada para o novo hospital.

En todo caso, Feijóo subliñou que "lle corresponde á empresa decidir se queren porse na Fábrica de Armas ou noutro lugar". Ademais, insistiu en que a Xunta "colaborará coas empresas, coa universidade e con todos os axentes que teñan interese" no proxecto. "Non nos preocupa o onde, senón o que e o para que", proseguiu, non sen antes mostrar a "aposta" do seu Goberno con iniciativas de I+D+i.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta