Por E.P. | MADRID | 06/02/2019 | Actualizada ás 18:08
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) organiza durante este mes de febreiro máis de 200 actividades --talleres, exposicións, proxeccións e yincanas-- en toda España para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora o 11 de febreiro.
Así, ás distintas actividades que se celebran en Galicia, súmase a que se celebra na provincia de Pontevedra, coa presentación dunha obra de teatro creada pola unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia e enmarcada no proxecto Cidade Ciencia. Esta peza de teatro científico destinada aos máis pequenos representarase no Auditorio Municipal de Nigrán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.