Causa Galiza denuncia unha "agresión fascista" en Ferrol a un dos seus militantes

O parte de lesións recolle fracturas óseas na vítima, tras ser agredida por un grupo de 8 a 10 persoas, segundo a organización.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 10/03/2019 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

A organización independentista Causa Galiza denunciou na noite deste sábado pasado unha "agresión fascista" a un dos seus militantes en Ferrol, por parte dunha decena de individuos.

Parte de lesións trala agresión a un militante de Causa Galiza.
Parte de lesións trala agresión a un militante de Causa Galiza.

Segundo relata Causa Galiza, produciuse unha "agressom fascista a um militante da nossa organizaçom por parte de 8-10 indivídios na comarca de Trasancos".

O suceso, indican, produciuse na noite do pasado xoves, cando un militante de Causa Galiza —F. J. M.— foi "brutalmente agredido, provocando-lhe várias fraturas e fisuras óseas na cabeça". Lesións das que hai proba médica, xa que existe un parte de lesións, no que se "evidencia o selvagismo e a intencionalidade última dos agressores", apunta a organización.

Causa Galiza anunciou que xa se interpuxo unha denuncia xudicial e avanzou que desenvolverá nos próximos dias as "iniciativas judiciais, informativas e propagandísticas necessárias para impedir que a açom criminosa deste grupo fascista fique impune e evitar a repetiçom de situaçons como as vividas nesta semana".

Tamén advirte da súa "mais absoluta indisposiçom a permitir a 'normalizaçom' deste tipo de acontecimentos e da necessidade dumha resposta ampla e plural ao crecente despontar de incidentes e agressons provocados polo fascismo espanhol nas ruas da Galiza".

Este xornal contactou co agredido, quen decidiu non facer declaracións debido ao seu actual estado trala agresión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Nonchocreo

Non sabemos se o parte é auténtico ou un fake moi ben currado e aparente. É moi rariño que denuncien unha agresión xusto despois da malleira ao de Vox en Po.

1 Quitarou

Non pasou nada, circulen que non estamos en Alsasua. Imaxino que La Coz editorializará contra o indepe por provocador. Por certo, galiciablingüeiros: ónde estades para reclamarlle ao sergas partes médicos en galego? É evidente que o fascismo está crecido e sábese impune.