Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2019 | Actualizada ás 18:15
Axentes da Xefatura de Policía Autonómica de Santiago, en colaboración con axentes forestais do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós, esclareceron un incendio forestal no lugar de Covelos, no concello pontevedrés de Dozón.
En concreto, os axentes procederon a tomar declaración a un home, como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 26 de febreiro. En base ao achegado polas diferentes testemuñas, identificouse a este home, quen "de forma intencionada e por aplicación directa do lume" provocou o incendio, onde arderon 0,22 hectáreas de monte arboledo.
Segundo apuntou o Executivo galego nun comunicado, as dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Lalín (Pontevedra). Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 17 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntas autoras de incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.