Por Galicia Confidencial | | 24/03/2019 | Actualizada ás 21:35
O Brexit pode supoñer unha auténtica bomba no sector pesqueiro galego, especialmente, se é un Brexit duro, como semella que pode acontecer tras a falta de acordos no Parlamento británico.
Medios británicos están xa contabilizando o impacto económico que este feito pode ter tanto na súa economía, como na economía dos aínda socios europeos. Unha situación que no caso de España afectaría, especialmente, ao sector da alimentación e no de Galicia, principalmente, ao do peixe.
Así, se Reino Unido ten que deixar a UE cun Brexit duro,os mariñeiros galegos empregados en augas británicas podería ser forzados a deixar o país inmediatamente.
FLOTA GALEGA
Ao redor de 66 barcos galegos faenan actualmente no Gran Sol, e outros 30 faenan no Reino Unido coa bandeira deste país. As tripulacións poderían ser enviadas directamente a porto tras unha saída abrupta deste país da UE.
Isto afectaría, directamente, ao redor de 1.700 traballos en Galicia que, actualmente, penden dun fío. En total, as perdas poderían ser de 500 millóns de euros e os principais produtos pesqueiros afectados serían o polbo, a gamba, a pescada e algúns tipos de marisco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.