A Plataforma contraria ás obras na canteira de Teo responde á conselleira de Medio Ambiente

Ángeles Vázquez declaraba nunha entrevista que a Xunta xa rexeitara no seu día a creación dun vertedoiro na antiga canteira de Casalonga.

Por Galicia Confidencial | Teo | 26/03/2019 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

A Plataforma Casalonga Limpa de Resiudos considera que as palabras da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, son sesgadas e mostran “un descoñecemento do problema que preocupa aínda máis á Plataforma”.

Sdf. PLATAFORMA CASALONGA LIMPA DE RESIDUOS
Sdf. PLATAFORMA CASALONGA LIMPA DE RESIDUOS

A Plataforma convocara a pasada fin de semana unha protesta de vinte e catro horas contra o inicio de obras na antiga canteira de Casalonga. O motivo era o temor a que a actividade estivese relacionada coa apertura dun presunto vertedoiro de residuos.  “A preocupación da veciñanza non é que quiten pedra da canteira se non que esta é a excusa da para despois “restaurar” con todo tipo de residuos”, din desde a Plataforma.  Segundo sinalan no seu comunicado “as leis autonómicas deixan a porta aberta á creación de vertedoiros encubertos nas canteiras”.

A raíz da protesta de 24 horas e da manifestación que deu pechou a xornada o pasado domingo, a Plataforma quedou sorprendida “polas declaracións da conselleira de Medio Ambiente nos medios”. E sobre a mesma din que “a información transmitida pola conselleira é sesgada e amosa un descoñecemento do problema que preocupa ainda máis á plataforma”.

A responsable de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez declarara nunha entrevista na Radio Galega que “entende” a preocupación dos veciños, pero que agora “é unha actividade que se pode realizar en solo rústico” en referencia aos movementos de maquinaria na antiga canteira de Casalonga. Con todo, Vázquez sinalou que é a Consellería de Industria a que outorga os permisos para actividades como as que se desenvolven no lugar.

Desde a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos reafírmanse nas súas demandas de paralización das actividades na canteira. Seguen denunciando que son obras para un vertedoiro “encuberto”. Tamén piden cambios lexislativos que protexan espazos recuperados de maneira natural logo de actividades extractivas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta