Rambo non ve touradas

¿Cómo é posible que un neno poida asistir a unha tourada cos seus pais pero non poida ver certos contidos en televisión como os filmes do incasable Sylvester Stallone "aka Rambo”.

Por Rubén Pérez | Galicia | 26/11/2011

Comparte esta noticia

¿Cómo é posible que un neno poida asistir a unha tourada cos seus pais pero non poida ver certos contidos en televisión como os filmes do incasable Sylvester Stallone aka “Rambo”.

Este paradoxo todavía é habitual nos escasos (e cada vez menos habituais) festexos taurinos que teñen lugar en territorio galego. Persoas menores de idade entran e saen con total tranquilidade da man dos seus proxenitores despois de contemplar un espectáculo dantesco, un herbívoro axustizado con picas, banderillas e unha espada que lle atravesa os pulmóns, ata provocarlle que morra afogado na súa propia sangue; precioso dirían algúns.

A necesaria regulación do acceso a este tipo de espectáculo público é máis necesaria que nunca, pois a violencia aféctanos a todos. Precisamente este é o lema dunha nova campaña da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fondation Franz Weber que procura que os nenos non poidan ter tantas facilidades para contemplar certas situacións, pois, ao igual que xa fai diferente normativa cos contidos televisivos, aínda sendo de ficción, tería que existir unha restricción de acceso. Non semella moi normal que un pequeno de dez anos, por poner un exemplo, poida ver como se tortura a un animal, chamémolo espectáculo, tradición, arte ou deporte. Non é lóxico de ningunha das formas, a pesares de que algúns correlixionarios do PP, coas eleccións gañadas, pretendan devolver á tauromaquia ás retransmisións trasnoitadas que facía a TVE. Porque eu, ao igual que moitos rapaces, tivemos a sorte/desgraza de contemplar touradas as tardes dos domingos nas canles públicas.

Noutras rexións como Catalunya ou as Illes Balears xa existen excepcións á libre entrada dos menores nas prazas de touros. No territorio balear non poden entrar ata os 16 anos, o que se achega máis a unha sociedade globalizada en todolos eidos sí, pero que procura por riba de a protección superior do menor…

Mentras tanto en Galicia temos unha iniciativa pendente de debate no Parlamento, que procura precisamente votar a necesidade dun regulamento máis extenso sobre o tema, que tamén conta co aval do Valedor do Pobo, que non se pode cualificar de aliado en sentido estricto, xa que tamén asistiu ás touradas coruñesas este ano.

Rambo de seguro estará agradecido que nos protexamos da violencia como forma de divertimento. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Rubén Pérez Rubén Pérez (A Coruña. 1986) é activista a prol dos dereitos dos animais. Diplomado en Traballo Social e con posgraos en Violencia de Xénero e Acción Humanitaria, colabora en LIBERA! dende 2007, organización na que desenvolve tarefas de coordinación e comunicación política. Dende 2008 tamén é voceiro adxunto da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, alianza que traballa investigando, entre outros eidos, o uso de diñeiro público en festexos taurinos.