Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/04/2019 | Actualizada ás 09:00
Santiago de Compostela acolléra do 14 ao 17 de abril o congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía (SIEF), a principal cita da etnoloxía mundial. De feito, será tal a importancia deste evento que xuntará na capital galega a máis de 900 especialistas de distintas partes do planeta.
"Track Changes: Reflecting on a Transforming World" --O control dos cambios: Reflexionando nun mundo en transformación-- é o nome deste congreso que explorará os significados das transformacións e cambios que teñen lugar a diferentes escalas, velocidades e intensidades. “Analizaranse desde as transformacións cotiás que pasan desapercibidas ata as grandes crises, dende o progreso e a innovación ata a catástrofe”, apuntan desde a organización. De feito, haberá 90 sesións paralelas con preto de 850 artigos, audiovisuais e carteis.
A conferencia inaugural será impartida por Susana Narotzky, especialista en economía moral, no que analizará as experiencias e o coñecemento como factores sociais e comprobación das verdades dos feitos. No resto das conferenciantes plenarias estarán especialistas da materia como Barbara Kirshenblatt-Gimblett, Regina Bendix, Dorothy Noyes, Coppélie Cocq, Sharon Roseman e Tim Ingold
O Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (Incipit CSIC), é a organizadora deste macro congreso, que acolle a Universidade de Santiago de Compostela. As tres universidades galegas, a UNED, e a universidade portuguesa UTAD, participan tamén na organización. O congreso está patrocinado pola Xunta de Galicia, a Fundación Wenner Gren, a Deputación da Coruña e as tres universidades, ademáis de polo CSIC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.