A Xunta fía a nova estatexia contra incendios a utilizar centos de cámaras de vixilancia fixas e en drones

Anuncia que o Pladiga contará cunhas 900 persoas directamente implicadas na prevención e extinción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

A nova estratexia contraincendios da Xunta estará baseada, principalmente, en poñer en marcha unha estensa rede de vixilancia a través de cámaras fixas e cámaras en drones. Unhas medidas que aparecen xa recollidas no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia (Pladiga).

Incendio de Boiro (A Coruña)
Incendio de Boiro (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Así, o dispositivo contará con drones que levarán implantadas cámaras de vídeo e térmicas e incrementarase nun 35 por cento o número de cámaras fixas --ata as 118 unidades--. "Aproximadamente a metade de superficie do noso territorio poderase ver a través de cámaras fixas en 2019", destacou.

Con todo, Feijó indicou que estas cámaras serán, sobre todo, para "controlar a evolución dun lume" unha vez que se produza e non tanto para previr ou loitar contra os incendiarios. "Algunha vez servirá para detectar matriculas se os vehículos están preto desas cámaras", dixo, aínda que o obxectivo principal, insistiu, é para saber a evolución dun lume.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo anunciou que o seu executivo estenderá o dispositivo de loita contra os incendios forestais entre xuño e outubro, de modo que se amplía de catro a cinco meses. Ademais, o Pladiga contará cunhas 900 persoas directamente implicadas na prevención e extinción.

Ademais, precisou que, en total, traballarán contra os lumes 7.000 efectivos, unha trintena de medios aéreos e 360 motobombas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta