Ana Pontón márcase o reto de estender a Galicia o modelo do BNG en Ribadeo e Muras

Estivo en Xove acompañada polos candidatos de distintos puntos da Mariña.

Por E.P. | LUGO | 12/05/2019 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avogou no seu mitin comarcal na Mariña lucense, celebrado en Xove, por estender a toda Galicia "o modelo municipal de éxito" dos nacionalistas en concellos como Ribadeo e Muras, que situou nas "antípodas" do "desastre especulativo" dos 'populares' en localidades como Barreiros.

No mitin deste domingo, Ana Pontón estivo acompañada dos alcaldes e candidatos á reelección en Ribadeo e Muras, Fernando Suárez e Manuel Requeijo, así como dos candidatos por Viveiro, Barreiros e Xove, Miriam Bermúdez, Ana Hermida e Xosé Manuel López Hermida.

No acto pediu "estender o modelo municipal do BNG" tanto aos concellos da Mariña como a toda Galicia para demostrar que a formación nacionalista é "capaz de facer política municipal con maiúsculas da man dun proxecto sólido, unido, renovado e coa man tendida que transforma en positivo e mellora a vida da veciñanza, desde a honradez, construíndo concellos feministas, ecoloxistas cos que se avanza e prospérase".

Pontón destacou que o reto o 26 de maio é "máis BNG nos concellos, máis concellos gobernados co modelo municipal do BNG, libres de corrupción e de especulación" e "participativos, honestos na xestión, sustentables, con dinamismo económico, social e cultural".

A dirixente nacionalista lembrou que o 26M tamén se elixe representación en Europa e pediu o voto para Ana Miranda, que "foi capaz de converter o escano do BNG no escano de Galicia". Pola súa banda, Miranda reivindicou a eficacia política do BNG en Bruxelas a favor de Galicia fronte ao "deixamento do PP e do PSOE", en temas como o saneamento das rías, a defensa de sectores produtivos ou da preservación do medio ambiente.

Ana Pontón nun acto na Mariña
Ana Pontón nun acto na Mariña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

e que vos parece a defensa do socio Junqueras? https://youtu.be/3kWK-lQMd18 Eu son dos que defenderei sempre o papel relevante que xogan os xornalistas profesionais! E a liberdade de prensa e de información! EuroNews é un bo exemplo!

1 Rekiario

EuroNews exemplo de xornalismo? HAHAHAeHA, a canle máis neoliberal, dereituza, OTANeira, sionista e antirrusa... As súas novas sempre están redactadas polo FMI, BCE e Alemaña. ELMUNDOTODAY ten máis credibilidade. Ah, e VISCA CATALUNYA i ERC. Es un trol antiBNG incansable. Paciencia, hai (afortunadamente) Bloque pra décadas.

2 Gamela

Será ese o motivo polo que o teu amigo ZP eliminou EuroNews da oferta da TDT para ofrecernos en aberto esas bazofias denominadas HermesTV - TRECE - LocaliaVigo ? Serán este exemplos de xornalismo máis profesional que aqueles que traballan en Lyon? Será que ofrecer varias linguas simultáneas é algo perigoso? Será que o BNG é amante do PSOE e nós sen sabelo? http://gamela00.blogspot.com/2010/0...