Por Rubén Pérez | Bruxelas | 07/02/2012
Os tentáculos da tauromaquia chegan a todalas caixas, sexan dos concellos, como os casos coñecidos da Coruña, Padrón e Muíños, das deputacións (tamén na Coruña e en Pontevedra) ou do goberno central, grazas á creación de medallas, premios e outras historias máis. Pero poco coñecido é que as touradas tamén reciben financiamento a través de diferentes programas comunitarios.
Neste senso o vindeiro 23 de Febreiro, a eurodeputada do grupo compartido Verdes/Alianza Libre Europea, Ana Miranda, falará destes abusos económicos na Coruña, nunha conferencia na histórica A.C. Alexandre Bóveda. O obxetivo deste relatorio está moi claro: exponer como esa suposta actividade de masas percibe ducias de millóns da UE, a pesares de que nesta unión de países tan só 3 dos 27 permiten a celebración de espectáculos taurinos.
Os gandeiros de touros de lidia perciben cada ano 72.000.000€ mentras que agricultores e demáis traballadores do sector agrícola, como por exemplo o eido ecolóxico, non poden acceder a uns fondos moi importantes para o seu futuro. Unhas persoas que teñen animais para torturar e sacrificar como forma de ocio perciben ao redor de 500€ por cada touro, 500€ que por suposto saen dos nosos petos, pero tamén dos petos dos polacos, galeses, italianos, holandeses… pouco sospeitosos de organizar touradas nos últimos dos séculos.
A controversia está moi clara, pois a Comisión Europea sempre aduce faltas de competencias para vetar as touradas na Unión, pero a pesares desta “problemática” competencial non hai problema para subsidiar aos gandeiros, de financiar a rehabilitación de prazas de touros e mesmo de pagar unha surrealista “visita audiovisual” por un coso taurino.
Coa brutal crise que vivimos, na que os estados recurtan do necesario e non tocan aos poderosos, entre os que se atopan os grupos de presión protouradas, resulta moi complicado xustificar os excesos e usos indebidos dos nosos cartos para subsidiar o martirio animal.
O 23F verémonos na Coruña, coñeceremos a realidade da hipersubvencionada tauromaquia española e iremos quentes para a cama. Mentras, podemos asinar pola abolición en IR.GL/ABOLICIÓN