Estudio Gnomo, unha editorial infantil de dous urbanitas que decidiron instalarse en plena Ribeira Sacra
Iria Iglesias e Dani Viéitez son dúas mentes creativas que decidiron deixar Vigo para afincarse en Ferreira de Pantón. Ela estudou Historia da arte e Gráfica publicitaria e posteriormente traballou en comunicación e moda. El estudou Empresariais e especializouse en marketing, para despois traballar en marketing e en loxística. Decidiron abandonar o estrés da cidade para iniciar unha nova aventura empresarial no rural galego.