Son de Teo formará goberno en solitario se o PSOE non acepta a súa proposta de dedicacións exclusivas

Dá de prazo ata este venres ao Partido Socialista local para que acepte a súa proposta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Son de Teo, a formación do recentemente electo alcalde do Concello de Teo, Rafael Sisto, decidiu dar de prazo ata este venres ao Partido Socialista local para que acepte a súa proposta de dedicacións exclusións e persoal de confianza ou rachará as negociacións e formará goberno en solitario.

Rafael Sisto
Rafael Sisto

As bases de Son de Teo, candidatura municipalista que caeu en votos nas eleccións do 26 de maio pero logrou revalidar a Alcaldía do Concello de Teo tras un pacto de investidura co PSOE e BNG, acordaron nunha asemblea celebrada na noite do mércores dar un ultimato ao PSOE no marco das negociacións para a configuración de goberno.

Cualifican a situación de "insustentable", polo que trasladaron ao PSOE que "ou este venres acepta as condicións expostas nas negociacións ou o luns á primeira hora o alcalde de Teo nomeará un goberno formado polas persoas elixidas como concelleiras por Son de Teo e convocará o pleno organizativo para o vindeiro xoves".

Segundo a formación que encabeza Rafael Sisto, o PSOE non acepta que tres das sete dedicacións exclusivas que ten por lei o concello sexan para Son de Teo, nin que a alcaldía teña unha persoa de confianza na xefatura do seu gabinete.

Son de Teo pregúntase "quen entende" que o rexedor dun municipio de case 20.000 habitantes "non conte a tempo completo" cunha persoa que "atenda as chamadas, concierte e prepare citas, negocie axendas con outras institucións ou atenda á prensa".

Así as cousas, censuran que as "numerosas dilacións" nas negociacións derivaron en que o alcalde "leve atendendo el só" o concello "e sen cobrar un euro" desde a súa elección o pasado 15 de xuño. Segundo Son de Teo, ante esta situación, Rafael Sisto "procedeu hoxe a pedir a reincorporación no seu centro de ensino".

No caso de que o PSOE desatenda o ultimato e siga sen aceptar as condicións, Son de Teo afirma que "unha vez dado o paso" de configurar goberno en solitario "non desexado pero inevitable", asumirán "todas as consecuencias o compromiso de goberno".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta