Era polo mes de marzal de 2010. Estabamos en Gambela, en pleno toque de queda, a rentes da fronteira entre Etiopía e o que a a partires do 9 de xullo deste ano se chamará Sudán do Sur.
O outro día Manuel Rivas presentou na libraría Couceiro a segunda edición do libro de relatos “Ela, maldita alma”, no que inclúe un novo texto (O misterio de Uz) ambientado nun partido de fútbol no rural galego.
Carlos Casares escribiu en máis dunha ocasión que non lle tiraban moito as historias de espías, que gostaba máis dos contos de piratas. Xa se sabe, para gustos, personaxes.
O destino quixo que as terras do Incio protagonicen os vindeiros días deste pequeno país noso coa homenaxe ao poeta Lois Pereiro no Día das Letras e coa abordaxe a Eurovisión da cantante Lucía.