Hoxe, lendo as cabeceiras da prensa en Internet, souben que se abriu o prazo de matrícula das escolas infantís; xa saben, aquelas garderías públicas, agora privatizábeis, construídas con cartos públicos e despois aseptizadas, con máis cartos públicos, mediante a substitución da palabra "galego" por outra máis digna, "galiña".
Non foi, por suposto, unha noticia de portada, senón un anuncio pagado pola Xunta, en forma de flamante megabanner, sobre a cabeceira (o espazo máis caro) do diario online, La Voz de la Galicia no Demasiado Gallega (ou, falando de polos, La Voz de la Galicia Demasiado Gallina).